martes, 29 de setembro de 2009
martes, 15 de setembro de 2009
Tal niño, tal paxariño
| Xa cantan os paxariños entre a ramaxe dos castiñeiros do souto da adega, por riba da casa, namentres o pitorrei sigue a picar o seu niño: tap! tap! tap..! na galla nova que brotou da vella caracocha centenaria. Os nenos, no recreo das once, cantan en corro: marzo, niñarzo; abril, ovosnil; xuño, paxaro. A miña nai agarda pousada encima da parediña de perpiaño, que servía antano para montar nas cabalerías, ó pé do portalón do patio; calada, escoita os chíos e rechouchíos da fraga, porque xa é primavera na Ribeira do Sil. Coido eu que deste xeito sería o entorno, onde nacín polos anos cincuenta, na aldea de Sacardebois. Lembro a nai que me dicía: demo de neno, canto brincaches na miña barriga! Pois estaría desexoso de saír fóra: era tan bonito o que ían contempla os meus ollos! Despois de catrocentos anos de haber moradores, fun ó derradeiro en nacer na Casa de Viana, de parto natural, como Deus manda. Moitos dos meus veciños e mais eu tivemos que voar, como as andoriñas, a outros lugares, ciscados por eses mundos de Deus, mais están a dicir de nós que somos boa xente. Certo: habendo vido ó mundo neste paraíso, non podíamos ser doutro xeito, porque como di o refrán, de tal niño, tal paxariño. Pois como che estaba a contar, a nai vai e pregúntalle ó cuco: “cuco, cuquiño, cando vai nacer o meu neniño?” E alá, no medio da fraga, do Covelo, empoleirado no alto dun carballo, o cuco comeza a cucar: cucú, cucú, cucú... e así ata doce cucús, contou cos dedos a miña nai. Aquela mesma tarde, ó solpor do día 12, o meu pai matou a galiña vella para arranxárllela nun caldiño. A miña nai, a quen quixen tanto, dábame de mamar: o leite non era moito, despois de mamaren seis irmáos, nacidos antes ca min, quedara como as fontes rematando o veráo, pero como ela era una santa, facía o milagre de ofrecerme o leite condensado. Mais, con dous anos, unha tarde, untou os peitos cunhas cascas verdes de noz e así debeu ser de amargo o meu destete. A miña irmá, decotío ía á escola. Eu non fun tanto e, ademais, era máis burro ca ela. A Tildiña escribía coa dereita e mais coa zurda eu, en troque eu con ningunha delas. Ela sabía multiplicar e dividir, eu en troques só sabía contar ata catorce, que eran as vacas que por entón presumía ter o meu pai; o cal, afofé che digo que estaba moi contento comigo, porque ó recadalas cara á casa á tardiña, amosaban contentas, repenicando coas chocas e esquilas, por viren cheas e fartas dos lameiros. A escola pisábaa pouco -primeiro eran as vacas e, se quedaba tempo, a escola- e, como che tiña a letra torcida coma se for birollo, díxolle o pai a miña nai: “que lle leve un polo á mestra para que aprenda a escribir e facer contas”. E alí fun co capón vivo, mal como puiden, dado que non paraba de remexer as ás, desesperado o coitado, na procura de fuxir da morte, co pico pingando cara abaixo picándome as canelas, que as lucía espidas cun pantalón curto, o demo do galo, que levaba collido das patas, tamén me fería as maos cravándome o esporón. Todo isto que che estou a contar hache de parecer unha trola, estou contigo, que hoxe soa raro é tes toda a razón do mundo, porque non sucedeu neste século: abofé que os anos medianeiros do século XX ían indo de vagar. Certo. |
luns, 31 de agosto de 2009
Fuches a Santiago?
–No setembro, xa sabes, ou secan as fontes ou tira a auga coas pontes. Onde máis chove de toda Galicia é en Santiago, fuches algunha vez a Santiago?
–Ir, fun dúas veces. Certo, malia de non poder velo ningunha delas por culpa das casas –contestoulle Antonio da Miranda, perdido nos biosbardos mentres falaba sen ergue-la cabeza abrindo o reguiño que se ía enchendo de auga.
luns, 3 de agosto de 2009
AS VACAS NON SON VERDES
As vacas non son veerds Xornal de Galicia Lunes, 03 Agosto, 2009 - 09:06
Acabo de regresar de Galicia. Quince días de vacacións no Concello de Parada do Sil. Ó solpor, pola fresca, pasaba o tempo parolando cos meus veciños, tocando temas do percorrer da economía e da política, comparando, ás veces, os costumes e formas de vida de antano coa vida que leva o camiño de ser para os nosos netos.
Antes de me enfrascar na rutina do traballo diario, e me poida esquecer destes días de lecer, quero que te consideres partícipe da seguinte conversa, que xurdiu, despois de ler no xornal El País(24/07/2009), esta sorprendente noticia: La FAO calcula que el sector ganadero emite más gases de efecto invernadero -el 18% - que el sector de los transportes.
O' Bailarín: Manuel Rivas fala dun millón de vacas, mais xa non se ven pacendo nos lameiros, nin se escoitan chocas nin esquilas, repenicando, tilín, tolón, nas corgas e pasteiros á beira dos regatos; nin nas touzas, comendo nas carqueixas.
Isidro do Val: pois, habelas hainas: están recadadas nos campos de concentración, que son as granxas, enlatadas, marcadas nasorellas co número do código de barras, explotadas, inseminadas polo veterinario, medicadas con píldoras polo asunto dos peidos,con perdón. O trato é cruel e por iso, seica que, se está a cocer unha rebelión de vacas.
Vaca Mu: Muueno, non botamos tantos eructos nin estamos a soprar tantas flatulencias, como están a dici-los de Greenpeace. Muuuu!como se nos vira o demo: curadas da tolemia, agora fedorentas; vou ver de me abrazar ó Hinduísmo.
O señor Xoán: Galicia non a recoñece nin a nai que a pariu. De cando neno, non había vacacións no campo, un día co arado arandounha leira, outro coa aixada na horta, coa fouce rozando o estrume, coa macheta na demouca. A miña casa presumía de ter 14vacas rubias: a Gallarda, a Cachorra, a Marela, a Pulida e máis, porque o santoral vacún era extenso.A burra atendía por Pelusiña;o can, por Troski. As pitas tamén estaban bautizadas: a poliña, a cacarexa, a do cu pelado, a pita cega.
O Xosé de Coira: Certo. Os animais domésticos eran como da familia. O meu pai acostumaba a facerlle cóxegas ás vacas nopescozo, mentres lle cantaba coplas; rimaba nuns ripios cargados de benquerenza: ponte, Morita, ó carriño que aínda che hei de darun biquiño; anda, Xenerosa, abre as patiñas que dás leite dabondo, co caldeiro cheo, vou ir ben lirondo. As vacas mirábanode esguello, sorrindo, agradecidas; ás veces, gustaban tanto dos aloumiños do meu pai, que lles pingaba o leite dos tetos.
A vaca sindicalista: Imos ver, daquela, traballar había que traballar, decotío xunguidas ó carro ou ó arado, mais así etodo, aceptabamos a nosa condición e noso lugar. Agora estamos ata os mesmos tetos que, mesmo, se nos vai avinagra-lo leite. Naúltima Xunta de Vacas, vacasrubias@xunta.es, decidimos declararnos en folga, de non atende-la patronal os dereitos básicos dos ruminantes: 1º/seguir comendo outono e mais alfalfa na primavera e no verán; herba seca, no inverno, como Deusmanda.
2º/non probar bocado de trevo branco, nin tomar píldoras de taninos, nin aceite de pescado, nin farrapos de gaitas, cogallo de mingua-lo gas metano, disque, causante do quecemento do planeta. 3º/ se nos chuchades o leite; mesmo, cocemos nocaldeiro e nos arrincades a pel para as botas; pois, como contrapartida, consideramos na XV que é de xustiza poder gozar,pola parte bovina que nos toca, dun mínimo de calidade na nosa corta vida.
O leiteiro da Montaña, O' Cabrito: a verdade é que estamos cabreados e ben fodidos. Abofé que si. O leite lévano case que regalado ou non veñen por el e agora están a falar dun ERE de cabezas de gando: disque, vai en aumento, que hai que deforestar para producir herba, demasiada polución no transporte do leite e da carne, que sobran vacas, que a carne de vacún non é verde, que vai ser una cousa boa para a ecoloxía e que non vai ser mala para reduci-las chichas de tanto obeso e obesas e, seica, vai corta-lo cáncer colorectal. Manda carallo! canta mentira inventan para foder ó labrego.
O crego(de poucas almas e de moitas igrexas): modérese, e fale vostede coa compostura que é debida! Ai, meu Deus! Chegou omodernismo coma un sunami arramplando cos valores, varrendo as igrexas de fregueses e deixando hermo o campo.Quérolles confesarque o asunto do gas metano de efecto invernadoiro é un divertimento, un conto dos políticos para distraervos da gravidade da crise económica, en xeral, e do leite, en particular. Cos anos, un vai perdendo a fe, nos políticos máis que en ninguén: xa pasaron 100 días; boto unha ollada ó eido do PP, en Galiza, e non vexo agroma-los proxectos das ideas sementadas ó espallo en tanto mitin. Pois iso.
sábado, 1 de agosto de 2009
OS ÚLTIMOS LOBOS DA RIBEIRA DO SIL
LR /La Región
Sacardebois, 8 de decembro de 1958. Un día de friaxe. A meirande parte da xornada a néboa non escampa dos eidos, ía un tempo coma de defuntos. Onte, á noite, díxolle o pai ó neno: déitate xa, que mañá tes que vir comigo a Parada do Sil no macho, que teño que colle-lo coche de liña. Á mañá cedo, o pai sentou no medio da albarda; o neno, no reberete do aparello: mamá, dóeme o cu do aparello, díxome. O macho camiñaba devagar taca.., taca.. pola estrada de coios e terra prensada.
A quietude da noite de lúa chea espallaba, unha legua á redonda, os ecos solitarios e monótonos das ferraduras, rompendo o silencio desta noite de pedra. Ó pasa-la pontiña do regato de Rabacallos, o meu neno viu relumando como brasas, catro ollos co seu ollar magnético detrás da cortina da néboa, que delongaba a alborada. Outros dous lobos fracos pola fame do inverno, ó ventaren carne de cristián, saltaron fuxidíos por un atallo, trochando en ringleira vertical a todo correr; sorteando os carballos e castiñeiros bravos que poboaban a carballeira por riba da estrada.
A cada pouco, achegábanse os catro galopíns máis preto do macho, soiño no cu da noite, ata darlle co rabo nas canelas. Arrincando a trotar, lixeiro, co medo no corpo, estrada abaixo, tacatá... tacatá..! ollando de esguello ós lobos coa lingua fóra, destilando cuspe entre os caninos afiados coma puntas de navalla. De súbito, amosou sen avisar, o lobishome da bisbarra, facendo estremecer cos ouveos a follaxe da fraga: de pé, espido cunha tupida pelame nas partes pudendas, orellas e boca de lobo que afeaban a cara de home. Entón, subiu á tribuna dun penedo: son o lobishome da Ribeira do Sil, O Licardo, amigo de Romasanta.
Coas primeiras luces da alba, volvo a ser o anacoreta que vive acochado no mosteiro de Santa Cristina, no Canón do Sil, aínda que, nas noites de lúa chea, sufro a metamorfose fuxindo de min, prófugo, camiñando polos sendeiros e camiños vellos da fraga.Deixade pasar pola ponte a este neno, fillos de...loba! só estades a pensar cos dentes, matinando máis en matar que en comer.
Son un lobo cun cerebelo de home: eu mato só para mata-la fame, mais malvivo desgarrado dende neno por un mal de ollo: nin son un lobo nin un home como Deus manda, pois disque, son un híbrido, un lobishome, un lobo da xente, un licántropo’.
domingo, 5 de xullo de 2009
A PARTÍCULA DE DEUS
Xornal de G
alicia Domingo, 05 Julio, 2009 - 08:51
alicia Domingo, 05 Julio, 2009 - 08:51
O home, despois de percorrer longas e escuras eras de vida na terra, sobrevivindo, mal como puido, ó frío e depredadores, chegou, por fin, a gozar, a corpo de rei, dunha polis con auga corrente nas ágoras e acudindo ó teatro á tardiña, cando o sol ía baixando as orellas.
Coa especialización do traballo, dispuxo de tempo de lecer para o desenrolo das artes e inventar a democracia; e mesmo, para escoitar o seu interior, mentres ollaba deitado cara ó ceo nas noites claras do sur, noites de luar, curioso e marabillado polos debuxos das constelación que están a coroar a bóveda do firmamento, fabulando como lle habería de levantae as enaguas á lúa que lle estaba a chiscar o ollo, engaiolado como Sabina cantando rimas no barrio das letras de Madrid dos Austrias, e por seguir as rutas das estrelas fuxidías que o chamaban como sereas cativadoras, inducido a navegar a odisea do espazo infinito nun carro de prata turrado por catro pegasos, berrando a cada pouco, mentres estaba a recorrer camiños de luceiros: ai, hoooo...-! hai alguén aí...?
Mailas preguntas dos filósofos, amantes da Sabedoría, ousadas criaturas, non atoparon interlocutor por ningures: quixeron interrogar isto e mais aquilo, perturbando o equilibrio do espazo absoluto, coma se guindaren unha pedra á quietude dun lago que, de cotío, protesta sacudíndose nunha serie de ondas, espalladas en círculos concéntricos sucesivos, devolvendo a pregunta á orela, por mor de quedaren o ceo e mailas augas que emanan del, de novo, sosegadas.
Entón, xurdiron as teorías filosóficas, na procura da orixe ou principio da materia: que si o fogo, que si a auga, o ar, o átomo; daquela, outros sabios, máis prudentes non deron creto a ningunha delas: "Canto máis sei, máis ignoro; só sei que non sei nada" -dicían os agnósticos.
Foron os poetas, como Homero, os que souberon glosar os mitos para dar saída ás inquietudes do ser humano; respostas que, malia de naceren cun selo máxico, cubrían, por entón, as inquietudes intelectuais do pobo heleno, na procura dunha explicación total e definitiva da orixe do Universo.
Nestes tempos avanzados da ciencia, coas tecnoloxías do século XXI, co Gran Colisionador de Hadróns (LHC), antes o CERN de Genève, coas mellores cabezas das universidades do mundo mundial, financiadas polos países máis ricos do planeta, buscan entre todos a partícula másica, coñecida como bosón de Higgs: enlaces perdidos, ata hoxe partículas escuras que forman o burato negro, que haberían de completaren o modelo estándar da física, ás veces, chamada a partícula de Deus, simulando, co choque de partículas do acelerador de 27 quilómetros de diámetro, eventos ocorridos durante o Big Bang, teoría que intenta dar unha explicación da orixe e expansión do Universo.
De maneira que, o Principio de todo tanto se pode albiscar no ceo co telescopio espacial Hubble, como esculcando, na terra, o espazo entre os átomos co microscopio Titán Cubed, dado que as pegadas do Creador do Universo, de habelo, están no máis grande e tamén no máis pequeno.
Namentres seguimos nesta procura, unha pancarta segue colgada das puntas das estrelas: Demiurgo, déixate ver, ho...!
xoves, 2 de xullo de 2009
BIGOTES CON XOFRE
Publicado, vai xa unha puñada de anos, no FARO DE VIGO.
Nas últimas semanas, están amosando, na prensa nacional, unha manchea variada de alcumes con moita correa: 'O Albondiguilla', 'O Patillas', 'O Rata', 'O Cabrón', 'O Prior', 'O Curiña', 'O Mamón', 'O Bigotes'... o tema dos sobrenomes, aos galegos, non nos estraña demasiado, pois moitos de nós estamos rebautizados, disculpando, polos veciños como 'O Cabrito', 'O Moucho, 'O Escachapiollos', 'O Regalado', 'O Labareda, 'A Pecado mortal', 'O Milhomes', 'O Queridiño', 'O Miraceo' e mais outros alcumes deste xeito de ser: hai alcumes que forman sagas, herdados dos nosos devanceiros ás futuras xeracións.
Repousado na cadeira de brazos, co ordenador prendido, deixeime levar polo maxín, mentres lembraba a miña mocidade na que presumín de estilo en atusar o meu poboado bigote, sen ser consciente da irreverencia estética nin de poderme axustar ao canon de beleza que emana do equilibrio e da harmonía.
–Por que deixas medrar ese bigote tan feo, que pareces un bolchevique? –Preguntoume un día, o meu pai–. A verdade é que, tan enraizado estivo en min, e nos meus, que me sentín como espido e indefenso, aquela mañá que me levantei da cama coa firme decisión de cortarmo, o bigote. Pero, de todos é ben sabido que os mostachos non son todos iguais.
Entre as categorías de bigotes, atópanse: o natural, estilo Dalí, o imperial, o húngaro e mais o estilo inglés, moi propio como complemento para un traxe da firma Milano. Logo de botar unha ollada aos bigotes que máis pegada deixaron nos libros de historia, algúns se mostran nos almanaques afiados como púas, chulos, incultos, estreitos de miras, enfrontados cos poetas indefensos, que cantan, de cara e corpo libre, poemas que debuxan, coas palabras, caligramas de pombas da paz voando libres; debuxos de rimas de papaventos, soltos de bridas, seguidas pola ollada dun neno, marabillado, como van subindo ó ceo, paseniño, gañando rango no ar, ó lonxe, xa fuxidíos.
Bigotiños ridículos -como borranchos negros- nas caras duras de homes pequenos, que foron grandes ditadores. Mostachos militares, os de Bismark cheiraban a pólvora, tronando arcabuces contra o suave murmurio de ramas, de follas e das flores, apagando o rumor de cores dos poetas que enmudeceron as súas rimas, cantigas de reiseñores, cubrindo de néboa con bochorno, o día; e de tronos, con tormenta, a noite.
Xa se escoita o rebumbio que levanta o tropel da Ditadura, achegándose para cercarnos dentro dos seus recios muros: óese cada vez máis forte, marcando o paso, cego, autómata, montada nas botas da parada militar. Outros bigotes espléndidos, sen embargo, resplandecen góticos na historia de homes preclaros, guiados con arte, literarios e suaves no trato, provocando só formigo nas conciencias: o bigotiño de Charles Chaplin, os bigotes espigados de Salvador Dalí que eran de 'gala'.
Toma unhas tesoiras do kit da memoria histórica e curta con ela os bigotes máis puntiagudos, enredados e daniños que, onte, fixéronnos cativos e que aínda, hoxe, séguennos ameazando, desde o seu disimulado letargo, con reenvíos de mensaxes totalitarios nas últimas eleccións europeas. Rebana dun tallo os novos brotes de bigotes fascistas, que se medran coa ignorancia, enmascarados detrás de bandeiras, cruces e símbolos, sen coñeceren o seu significado, arróxaos ao fogón, para que participen do crisol purificador de Hades e, se careces do elemento rexenerador, bótaos ao inodoro.
Toma o estropallo e mailo deterxente da memoria histórica e borra as esvásticas dos novos cachorros tatuados, mozos ágrafos, obxectores ao pensamento, aos libros e mais á historia, magister vitae. Mocidade desprotexida dos virus –vermes troianos– replicándose , clónicos, xenófobos, invadindo, con cantos de sirena, as súas cabezas baleiras, reprogramadas para tronar mensaxes anacrónicas, enarborando non sei que bandeiras, co fin de desturbar e profanar as ágoras democráticas.
Tira da cadea, estaos esperando Caronte coa súa barca, para conducilos á outra banda, onde serán 'formateados'. Xa nos humillaron noutras épocas; hoxe, felizmente superadas.
martes, 30 de xuño de 2009
NO ME GUSTA TU BIGOTE, FORASTERO
Xornal de Galicia Martes, 30 Junio, 2009 - 02:22
En las últimas semanas, están apareciendo, en la prensa nacional, una serie variopinta de apodos: El Albondiguilla, El Patillas, ElRata, El Cabrón, El Prior, El Curita, El Mamón, El Bigotes. El tema de los motes, a los gallegos, no nos extraña demasiado,porque muchos de nosotros estamos bautizados por los vecinos como O' Cabrito, O' Moucho, O' Escachapiollos, nombres heredados del clan familiar al que pertenecemos. El Bigotes es, sin duda, el que más ha salido en los medios.
Una tarde, después de leer un extraño reenvío electrónico -FW, De: stalin@lpurgas.ru, Para :eduardopc@bigotes.es, adolfhitlerm@thausen.de, caudillo@caídos.es, disgusto chile@pinocho.cl. quietotoelmundo@golpe.es. CO: nuevoscachorrosl@dbigotes.es- cogí, de la librería, el Diccionario Etimológico de Joan Coromines, para buscar la palabra "bigotes" y me encontré con lo siguiente: "Existía la costumbre, extendida en toda Europa, de blasfemar durante el siglo XV. Parece ser que los españoles relacionaron la blasfemia, que acostumbraban decir los barbados de la Baja Sajonia, al beber cerveza: ´Bî God!´ (¡Por Dios!), con los mostachos de los mencionados tudescos, a través del recurso de una metonimia".
Continué descansando en el sillón, con el diccionario abierto, recordando la época de mi juventud en la que presumí de estilo en atusar mi poblado bigote, sin ser consciente de la irreverencia estética ni de poderme ajustar al canon de belleza que emana del equilibrio y de la armonía.¿Por qué dejas crecer ese bigote tan feo, que pareces un comunista? -Me preguntó un día, mi padre-. La verdad es que no hubo razón para dejarme crecer el bigote; pienso que, tal vez, el esconderme, disimulando mi timidez. Estaba cantado que mis alumnos me endosarían el mote "El Bigotes", el cual tan enraizado estuvo en mí, y en los míos, que me sentí como desnudo, indefenso, sin reconocerme en el espejo, aquella mañana que me levanté de la cama con la firme decisión de cortármelo, el bigote. Pero, de todos es bien sabido que los mostachos no son todos iguales.Entre las categorías de bigotes, se encuentran: el natural, estilo Dalí, el imperial, el húngaro y el estilo inglés, muy propio como complemento para un traje de la firma Milano.
Después de echar un vistazo a los bigotes que más huella han dejado, algunos se muestran en los almanaques de la historia, erizados como púas, chulos, incultos, estrechos de miras, enfrentados con los poetas indefensos, que cantan, a cara descubierta y cuerpo libre, poemas que dibujan, con las palabras, caligramas de palomas de la paz. Bigotitos ridículos -como borrones negros- en las caras duras de hombres pequeños, que fueron grandes dictadores. Mostachos militares, tronando arcabuces contra el suave murmullo de las ramas, de las hojas y de las flores, apagando el rumor de colores de los poetas que enmudecieron sus rimas, cantigas de ruiseñores, cubriendo de niebla con bochorno, el día; y de truenos, con tormenta, la noche. Ya se ve la polvareda que levanta el tropel de la Dictadura, acercándose para cercarnos dentro de sus recios muros: se oye cada vez más fuerte, marcando el paso, ciego, autómata, montada en las botas de la parada militar.Otros bigotes espléndidos, sin embargo, resplandecen góticos en la historia de hombres preclaros, guiados con arte,literarios y suaves en el trato, provocando sólo hormigueo en las conciencias: Charles Chaplin, Pantuflo Zapatilla, Superintendente Vicente, Salvador Dalí.
Toma unas tijeras del kit de la memoria histórica y corta con ella los bigotes más puntiagudos, enredados y dañinosque, ayer, nos hicieron cautivos y que aún, hoy, nos siguen amenazando, desde su duermevela, con reenvíos de mensajes totalitarios en las últimas elecciones europeas. Corta de un tajo los nuevos brotes de bigotes fascistas, que se crecen con la ignorancia, enmascarados detrás de banderas, cruces y símbolos, cuyo significado desconocen, arrójalos al fogón, para que participen del crisol purificador de Hades y, si careces del elemento regenerador, arrójalos al inodoro.
Toma la escoba y el detergente de la memoria histórica y borra las esvásticas de los nuevos cachorros tatuados, rasurados de ideas, jóvenes ágrafos, objetores al pensamiento, a los libros y a la historia, magister vitae. Juventud inculta, desprotegida de los virus -gusanos troyanos-, replicándose, clónicos, xenófobos, invadiendo, con cantos de sirena, sus cabezas hueras, reprogramadas para tronar mensajes anacrónicos, enarbolando no sé que banderas, con el fin de disturbar y profanar las ágoras democráticas.
Tira de la cadena, los está esperando Caronte con su barca, para conducirlos a la otra orilla, donde serán formateados. Ya noshumillaron en otras épocas; hoy, felizmente superadas.
Eduardo Prieto Casares
luns, 29 de xuño de 2009
MIMÍ, O MEU GATO PERSA
Mimí, o meu gato persa FARO DE VIGO
escrito por Eduardo Prieto Casares
viernes, 26 de junio de 2009.
Señor Director, antes de nada, quero presentarme: son Claudia, unha nena que vai para os tres anos. Martita, “a Bebé”, a miña irmá anda polos dezaoito meses; dende o febreiro, que botou a andar, non para, rindo coa boca aberta, graciosa, xa lle saíron catro dentes; corre de acó acolá, co seu vaivén apresurado a piques de tropezar, equilibrista ela; ás veces, ponse a remexer nos meus xoguetes ou lle fai picardías a Mimí, tirándolle do rabo.
O motivo desta carta non é resalta-las ocorrencias da Bebé(eu non lle vexo graza por ningures). Abofé que non. Ademais da nena, tamén lle teño mascotas. Con doce meses, regaláronme dous coelliños branquiños coma a neve, mais logo, ó roeren tantas cenorias, medraron tanto, que a miña nai, decidiu darllos a Elsa, a ama boliviana que nos coida como se for outra mamá.
Ó cumprir os dous anos, os meu padriño Alberto sorprendeume co Mimí, un gatiño persa. Agora está moi medrado, co pelo moi longo como paxe nun pazo de princesas, uns bigotes, estilo Dalí en transo artístico, e mais uns ollos vivos, verdes, relucindo esmeraldas, protexidos polo contorno das súas barbas. Onte, no xardín, mancouse. O meu avó dicía de botarlle auga na ferida, porén, os meus pais, malia de ser domingo, decidiron arrear con el cara á clínica veterinaria.
Á tardiña, voltearon co Mimí na cesta, medio aparvado e con tres puntos de sutura no carrelo. Ó non estar cubertopor Sanitas coma nós, víronse na obriga de se rascar o peto, 100 euros, que non lles importou demasiado, porque Mimí é un máis da familia.
Entón, o avó, acostumado a sacarlle punta a todo, ó escoitar falar dos honorarios dos servizos de urxencia para mascotas, deulle por latricar, mentres tapaba a faciana detrás do suplemento semanal do País, falaba baixiño casi para os seus adentros: 'Con 100 euros, en Somalia, cantos nenos famentos se poderían salvar...' axiña, sen parar menes, leu en alto: Segundo Carol Bellamy, directora de executiva de UNICEF: “La malaria mata a un neno africano cada 30 segundos...”, logo, pechou a boca, ollando en fite a Mimí como se relambía, deitado a corpo de rei, estarricado, no medio do sofá.
Despois da sobremesa, o avó, teimoso co tema das mascotas, agarrou un lapis e mais un caderno e ollei como ía apuntado non sei que cantidades, mentres seguía a rosmar, coma se for o mesmo Mimí: 'Un gato persa con pedigree vén custar uns 600 euros; castralo, 350; vacinas, 120; bolsa de penso, 20; saco de terra absorbente, 10; perruquería de mascotas, 30 euros; vitaminas e mais imprevistos, 50 euros'.
De alí a pouco, gañou azos para sermonar en alto, como se estiver empoleirado no púlpito da parroquia: Cantos gatos hai en España?, dicía; cantos cans andan a mexaren nas beirarrúas e, mesmo, nos portais; cantos cans de presa en mans de xente da mesma catadura: tales amos, tales cans? Cantos coellos, furóns, peixes, paxaros, lagartos e, mesmo, cobras e ratas están a serviren de mascotas a nenos, a persoas senlleiras, a mulleres chochas polos cadelos, á xente de malvivir? Cantos en Europa? Cantos no Primeiro Mundo? Cantos millóns de euros está a mover a industria de mascotas...? Ó rematar avó con tanta pregunta retórica, todos gardamos silencio ata que, de súpeto, repenicou o timbre da porta:
“Imos ver se lle mercamos unha mascota á filla, un chiguagua de peto, que non deixou ningunha para septembro...” Espera, Benigno –un veciño do chalé de Pozuelo, constructor el, acompañado da súa muller, de cara guapa e de cu feo, pequeneira – atende un chisco, ho! Primeiro fala coa rapaza, da súa responsabilidade, como destinataria dun cadelo. Sabe a túa filla, e mesmo ti, acostumados como estades a gastar ámbolos dous, mellor dito, a malgastar e tirar, que 1000 millóns de persoas malviven no mundo, desnutridas ? Son datos da FAO, Benigno: nenos, vellos e enfermos –os máis débiles– a piques de morrer, como consecuencia dalgunha enfermidade oportunista.
Coida, amigo, nesta realidade cruel, invisible na sociedade consumista, preocupada en queima-las graxas, agora, na operación bikini, máis pendentes da estética que da ética, exceso de alimentos que lles cómpren a moitos desgraciados –graza e graxa, neste contexto vén se-la mesma cousa–para pode sobrevivir noutras latitudes: moitos deles, nenos condenados por un destino cego, por naceren sen porvir, sendo ti a súa única esperanza.
O meu avó estaba en vena, inspirado, convincente. O señor Benigno estivo plantado, escoitando a perorata, ó carón da súa espléndida muller, sen dicir ren, mentres se lle revolvían os sisos e as entendederas. Abraiados e confundidos, abandonaron a estancia, sen se despedir nin saber por onde tirar.
Aquela noite, reunidos polo avó, decidimos non ter máis mascotas. Pero si apadriñar a dúas nenas de Mozambique, que pronto iremos coñecer e recoñecer como irmás; dúas nenas negras que seguirán a medar ó coidado do seus pais, no seu entorno, con un futuro menos escuro; e nós, dúas nenas louras, aquí na rica Europa, satisfeitas por sermos solidarias con elas.
De retorno dunha viaxe ó estranxeiro, mi padre, recordando a ausencia de Mimí, veume cunha mascota virtual, de cando estivo no Xapón, dando unhas conferencias sobre as construcións bioclimáticas, unha especie de tamagotchi ou enredo dixital, un amigo a quen coidar, axudar a medrar, xogar con el: cada cousa a súa hora, do contrario, vai enmudecer e a perde-las cores, todo gris, acabando por morrer de tristura.
A miña nai, Diplomada en Psicoloxía Evolutiva pola Sorbona, está a dicir que estes enseños ou xoguetes de deseño virtual producen desvelos e mais estrés nos miúdos, polo que aínda segue sen configurar, a durmir dentro da caixa ata que medre, ata que medre eu por dentro e por fóra, que é preferible a compaña dos animais para os nenos e altamente saudable para persoas, doutras idades, con poucas habilidades sociais; mesmo –continua a parolar a miña nai, como se estiver a impartir clases na Facultade– a relación cos animais axuda ós nenos autistas a saír do seu mundo interior.
Como resultas desta análise, todo se pode discutir, que si patatín que si patatán, hai que matizar, penso eu –que ser nena non é ser parva– que vos cómpre revisa-la escala de valores: os caprichos e necesidades creadas, superfluas, deben deixarlle sitio ós dereitos elementais da infancia, que estamos coa obriga moral de compartir cos que teñen menos. Eu, polo que a min toca, estou cumprida: co osiño de peluche, xa teño dabondo para xogar.
(Relato oral: Claudia. Recolleu por escrito o seu avó: Eduardo Prieto Casares, sendo de xuño 27 días andados, 2009).Eduardo Prieto Casares
venres, 26 de xuño de 2009
EL PODER DEL SILENCIO
FARO DE VIGO
escrito por Eduardo Prieto Casares
domingo, 14 de junio de 2009
Los españoles tenemos fama de bullangueros, de gritar en las tertulias deportivas, de pisar las palabras del contrincante en las norias televisivas; vamos a lo nuestro, sin escuchar al interlocutor, convirtiendo los esperados debates políticos en tediosos monólogos: déjame hablar, te lo puedo decir todavía más alto, pero no más claro; no voy entrar en lo has dicho, pero tengo que decirte una cosa; no me grites, que me voy…
Cuando era pequeño solía hablar por los codos, por lo que mi abuelo me advertía con frecuencia: ¡Cállate, niño! que en boca cerrada no entran moscas. La gente importante, con autoridad, suele hablar poco. Buda lleva un montón de años sentado; mirándonos con su sonrisilla, cómplice, controlando la tercera parte de la humanidad, sin decir esta boca es mía. Jesús de Nazaret predicó la Buena Nueva durante tres años, pero pasaron ya más de 2000 y ahí sigue, colgado de la cruz, sin decir nada nuevo. La Esfinge de Gizeh continúa majestuosa, hierática, sola, sin descubrirnos su misterio.
El silencio es figura en la música y puntúa en la escritura. En el silencio interior, fluyen, los suspiros del alma. No te dejes llevar por los cánticos de las sirenas, placenteros engaños, te perderás la letra del quehacer de tu vida y la música del tenue devenir de la naturaleza.
Hay gente que habla con los ojos, cargando la ceja, sin necesidad de despegar los labios. Otros hablan y hablan sin parar, dando vueltas y más vueltas a la noria, recorriendo el mismo círculo, sin aportar nada nuevo: sólo palabras hueras, sin sustancia. Los oficiales del ejército tienen las cantinas separadas de la tropa, con el fin de conservar el halo de autoridad que brilla en las puntas de sus estrellas. Los jefes no acuden a las cantinas: los mandos se deben a la soledad de sus decisiones. “Puede guardar silencio” –le informa de sus de sus derechos, el policía a un detenido.
Al largo de la historia, las ingeniosas máquinas de aplicar tormento en las mazmorras, en los calabozos y comisarías de unos y de otros, la aplicación del fuego, la tortura psicológica, todo valió con el propósito de entrar en la intimidad de las personas, caídas en desgracia, para robarles el silencio.¡Quiero hablar!
Habla, habla… puedes hacerlo, sin embargo, si lo que vas a decir hoy, lo desdices mañana o, si tus hechos no van acordes con lo que proclamas, vas a arruinar el prestigio de hombre de palabra, derivando en un pobre charlatán de feria, al que sólo escuchan los tontos de siempre. Piensa que, al hablar, quedan manifiestas tus debilidades, escupiendo palabras vas perdiendo tu credibilidad. El enemigo está al acecho.
¿No te estás vendiendo al diablo como una gallina que cacarea, después de poner un huevo, triunfante del milagro, sin pensar en el zorro, que puede aparecer, para tragarse el huevo y llevarse a la gallina? Cuando hables, procura que tus palabras sean mejores que el silencio, como nos recuerda el proverbio hindú. Mantén cerrada esa boquita, que el pez muere por la boca: es mejor ser rey de tu silencio que esclavo de tus palabras. Escucha la paz del silencio que te induce al sueño, reparador; vendrán, luego, por ti, las alas de la imaginación que te llevarán volando, tal vez, en un sueño creador. Queda dicho.
Sr. Prieto Casares, no tengo palabras, el léxico no alcanza a encontrar adjetivos para ensalzar, no ya el arte literario -exquisito-, sino la esencia misma de su contenido. Yo -es una opinión subjetiva- creo que no es usted consciente de lo acertado de cuanto ha escrito en este artículo. ¡¡ Por favor, escriba!!. Edelmiro Álvarez Grande
escrito por Eduardo Prieto Casares
domingo, 14 de junio de 2009
Los españoles tenemos fama de bullangueros, de gritar en las tertulias deportivas, de pisar las palabras del contrincante en las norias televisivas; vamos a lo nuestro, sin escuchar al interlocutor, convirtiendo los esperados debates políticos en tediosos monólogos: déjame hablar, te lo puedo decir todavía más alto, pero no más claro; no voy entrar en lo has dicho, pero tengo que decirte una cosa; no me grites, que me voy…
Cuando era pequeño solía hablar por los codos, por lo que mi abuelo me advertía con frecuencia: ¡Cállate, niño! que en boca cerrada no entran moscas. La gente importante, con autoridad, suele hablar poco. Buda lleva un montón de años sentado; mirándonos con su sonrisilla, cómplice, controlando la tercera parte de la humanidad, sin decir esta boca es mía. Jesús de Nazaret predicó la Buena Nueva durante tres años, pero pasaron ya más de 2000 y ahí sigue, colgado de la cruz, sin decir nada nuevo. La Esfinge de Gizeh continúa majestuosa, hierática, sola, sin descubrirnos su misterio.
El silencio es figura en la música y puntúa en la escritura. En el silencio interior, fluyen, los suspiros del alma. No te dejes llevar por los cánticos de las sirenas, placenteros engaños, te perderás la letra del quehacer de tu vida y la música del tenue devenir de la naturaleza.
Hay gente que habla con los ojos, cargando la ceja, sin necesidad de despegar los labios. Otros hablan y hablan sin parar, dando vueltas y más vueltas a la noria, recorriendo el mismo círculo, sin aportar nada nuevo: sólo palabras hueras, sin sustancia. Los oficiales del ejército tienen las cantinas separadas de la tropa, con el fin de conservar el halo de autoridad que brilla en las puntas de sus estrellas. Los jefes no acuden a las cantinas: los mandos se deben a la soledad de sus decisiones. “Puede guardar silencio” –le informa de sus de sus derechos, el policía a un detenido.
Al largo de la historia, las ingeniosas máquinas de aplicar tormento en las mazmorras, en los calabozos y comisarías de unos y de otros, la aplicación del fuego, la tortura psicológica, todo valió con el propósito de entrar en la intimidad de las personas, caídas en desgracia, para robarles el silencio.¡Quiero hablar!
Habla, habla… puedes hacerlo, sin embargo, si lo que vas a decir hoy, lo desdices mañana o, si tus hechos no van acordes con lo que proclamas, vas a arruinar el prestigio de hombre de palabra, derivando en un pobre charlatán de feria, al que sólo escuchan los tontos de siempre. Piensa que, al hablar, quedan manifiestas tus debilidades, escupiendo palabras vas perdiendo tu credibilidad. El enemigo está al acecho.
¿No te estás vendiendo al diablo como una gallina que cacarea, después de poner un huevo, triunfante del milagro, sin pensar en el zorro, que puede aparecer, para tragarse el huevo y llevarse a la gallina? Cuando hables, procura que tus palabras sean mejores que el silencio, como nos recuerda el proverbio hindú. Mantén cerrada esa boquita, que el pez muere por la boca: es mejor ser rey de tu silencio que esclavo de tus palabras. Escucha la paz del silencio que te induce al sueño, reparador; vendrán, luego, por ti, las alas de la imaginación que te llevarán volando, tal vez, en un sueño creador. Queda dicho.
Sr. Prieto Casares, no tengo palabras, el léxico no alcanza a encontrar adjetivos para ensalzar, no ya el arte literario -exquisito-, sino la esencia misma de su contenido. Yo -es una opinión subjetiva- creo que no es usted consciente de lo acertado de cuanto ha escrito en este artículo. ¡¡ Por favor, escriba!!. Edelmiro Álvarez Grande
sábado, 20 de xuño de 2009
APRENDER DO BURRO, Xornal de Galicia
Había unha vez un pailán da aldea Azinhaga, berce do novelista Saramago, provincia de Ribatejo, desto van xa máis de cen anos: a única propiedade que presumía ter era un burro xa entrado en anos, andaría polos catorce, o équido, que Bernardo o seu amo, que de cotío o montaba, xa pasara dos sesenta e tantos.
Ó outro día, recibín un contiño polo correo do computador, un e-mail como están a dicir os rapaces, do meu cuñado Manuel, que che anda dende o Nadal coma neno con zapatiños novos, moi engaiolado co asunto do Internet: ten o seu mérito, certo, pois xa vai por riba dos setenta de cara ós oitenta anos, e mesmo che digo que parece un mozo, presumindo de portátil thosiba, escribindo e reenviando mensaxes a cada pouco: "Recibín a túa mensaxe, cuñado, gustei moito do teu artigo na Voz de Galicia que fala da 'Gripe Española'. Obrigado, Manuel Barata Robalo": anda a vivir en Castelo Branco, capital de Beira Baixa, que fai raia con Cáceres na altura da ponte de Alcántara.
O domingo pasado, mandoume outro e-mail, un reenvío dun amigo de Lisboa, co seguinde encabezamento:"Aprender do burro". O conto, impregnado coa sabedoría dos romances populares, vén falar dun burriño, que de necio tiña pouco, como imos ver:
"Había unha vez un pailán da aldea Azinhaga, berce do novelista Saramago, provincia de Ribatejo, desto van xa máis de cen anos, que a única propiedade que presumía ter era un burro xa entrado en anos, andaría polos catorce, o burro, que o Bernardo, o seu amo, que de cotío montaba nel, xa pasara dos sesenta e tantos. Pois aconteceu que o pobre animal, unha mala tarde que andaba solto de reatas, meteu a pata por onde no debía e foi de fociños, esvarando por un buraco, que lle chamaban a Boca do Inferno, unha poza que che era aínda ben fonda.
"Había unha vez un pailán da aldea Azinhaga, berce do novelista Saramago, provincia de Ribatejo, desto van xa máis de cen anos, que a única propiedade que presumía ter era un burro xa entrado en anos, andaría polos catorce, o burro, que o Bernardo, o seu amo, que de cotío montaba nel, xa pasara dos sesenta e tantos. Pois aconteceu que o pobre animal, unha mala tarde que andaba solto de reatas, meteu a pata por onde no debía e foi de fociños, esvarando por un buraco, que lle chamaban a Boca do Inferno, unha poza que che era aínda ben fonda.
"O burro ergueu do chan mal como puido, pedindo de cando en vez pronto socorro, orneando a intervalos, cada vez más dilatados, dosificando as poucas forzas que lle ían quedando, case que esgotado, sen probar bocado, nin ver un raio de esperanza por ningures. O Bernardo, sen atinar a forma de sacar o burro daquel inferno, acudiu á casa do seu veciño, Gervasio, home moi apañado nos arranxos de ferramentas, que tan pronto amañaba un roto coma un descosido, que servira destino militar na Remonta, coidando cabalos, de onde viñera feito un home con pelo en peito, forte de carácter, duro e con vontade para tomar decisións. Ámbolos dous achegáronse onda o burro para estudar in situ a mellor solución.
"Despois de pensar un anaco, díxolle Gervasio erguendo paseniño as súas espesas cellas, namentres fitaba coa mirada fría de moucho o ollo negro da embocadura que tragara ó malpocado burriño: ó non dispor de grúa nin de roldanas, non vexo maneira nin xeito de sacar o burro de aí de embaixo; pensa, Bernardo, que na vida hai que ser prácticos: o burro é vello, de tódalas maneiras hache de morrer, coido que non che vai saír adiante da gripe do próximo inverno; gastar cartos e mais quebradeiros de cabeza para que? o mellor que podemos facer, penso eu e dígocho en confianza de min a ti, como amigos e veciños que somos, é enterralo onde está, a poza que lle sirva de cadaleito, botarlle terra encima e rematar o conto: dun só tiro chimpas dous paxaros.
Está ben pensado, asentiu Gervasio, máis ruín cós diaños, desagradecido con Platero, compañeiro de fatigas e de confidencias durante moitos anos. Hai que ir por unhas palas, engadiu. Así foi como estiveron a matinar sen creto e, logo, resolveron os cativos pensamentos. Aquela tarde, antes do solpor, comezaron a cavar na terra para encher a tumba co burriño dentro. Un cavaba, mentres o outro ía botando as padas encima do carrelo do pobre animal, á vez que o fería nas orellas grandes berrándolle:"Naciches burro, burro viviches e por burro vas morrer"; porén, a malpocada criatura recibía con desaires, orneos, couces e brincadeiras, a terra que lle chovía encima, sacudindo do carrelo as areas que, como aldraxes, ían caendo cubrindo o chan de vergoña.
Pouco a pouco, a terra foi subindo e, con ela, o burro, que malia de pateala con rabecha, sóuboa aproveitar para medrar e saír a flote: cada vez estaba máis preto dos homes; entón, aceleraron a xeira durante toda a noite, botando terra ás mancheas, sen deixar de proferir blasfemias cara o ceo, co gallo de acochar os orneos de protesta e rematar o asunto, que se lle viña complicando sen causa nin razón aparente: canta máis terra lle botaban encima, máis medraba o burro ata amosar triunfante diante dos homes os cales, abraiados, véndolle o cu á curuxa, fuxiron de alí, brincando como lagartos australianos, deixando as palas tiradas no medio do camiño e batendo os pés campo a través, polos eidos abaixo como se os levara o demo, mirando de esguello, a cada pouco ó burro, que agora amosaba medrado na beira da poza, seguro de si, abanicando coas orellas as últimas faragullas de terra que lle estaban a morder os ollos, plantado coma un xigante, relucindo unha pelame brillante de prata.
domingo, 7 de xuño de 2009
SUSPENSO EN POLITICA EUROPEA
| ||||||
sábado, 6 de xuño de 2009
A GRIPE ESPAÑOLA
Edición en galego Rss
A GRIPE ESPAÑOLA
- Autor:
- Eduardo Prieto Casares
- Localidad:
- Madrid
- Fecha de publicación:
- 18/5/2009
Antes foi a das vacas tolas; despois, a gripe aviar Made in China; agora, a gripe mexicana do porco, virus bautizado como AH1N1 con cepas da gripe aviar e mais do porco, dunha nova gripe máis contaxiosa cás anteriores por vir dun bichiño moi resabido, con memoria histórica. É o momento das vacas gordas das multinacionais para forrarse coa venta millonaria de máscaras, antipiréticos e, sobre todo, dos antivirus. A polas doses! cantas máis, mellor, porque o medo garda á galiña, non hai problema de cartos para os gobernos de occidente, porque faltos das salvadoras doses, aparecerían ós ollos dos votantes como inútiles figurantes de cartón. Logo virá a OMS co protocolo que é de seu a tapar e lexitima-lo negocio dos laboratorios. Cal vai se-la seguinte gripe? Mentres estamos na espera a que encube e aflore a temible gripe do peixe, un cóctel de virus mutantes, adaptados ó medio acuoso, que nos van chupa-la sangue e mais a linfa, deixándonos secos coma bacallaus. Digo que durante uns anos, na pel do touro ibérico haberemos de lidar, outra vez máis, coa Gripe Española, na que estamos parados, convalecentes en dique seco, nas fileiras do INEM: pandemia de máis de catro millóns de infectados polos ERES da crise bancaria, debida á especulación, que rematou explotando a vincha do conglomerado dun capitalismo desbocado, recibindo os de sempre, a metralla dos ladrillos escachados nos fociños, deixándolles a cara virada cara Albacete, aparvados, a velas vir: agora calados con medo no corpo pola praga da nova gripe. O goberno non sabe que receptar, non atopa vacina para erradicar esta crise do demo por ningures.Na Moncloa, sen alternativa, seguen en receptar aspirinas ou tranquilizantes. A crise segue teimosa, quedándose co pan e maila sal dos traballadores. Pero aínda nos queda, como última instancia, de acudir ás receitas de Rouco Varela da medicina alternativa, a mercar unha vela e por unha estampiña de San Judas Tadeo, que remedia ós pobres, premiando os décimos da Lotería dos cegos, pero, coida, que antes haberás de refrega-lo billete da caprichosa fortuna na chepa dun parado de larga duración nas portas da Almudena, tolleito por levar un mangado de anos tirado na beirarrúa, esperando, en balde, a que o goberno lle diga: levántate e anda! Mentres lle pides o milagre ó bo de Judas Tadeo, non te vaias a confundir co outro, O? Iscariote, que vendeu a Xesús ás barbas de Queifás cun bico traidor, ó tempo de mete-la man na bolsa dos talentos. Por estes lares, na década das vacas gordas de san Cemento, estiveron de moda as máscaras con bigotes para acocha-la cara dos Queifás da construción, que recorrían os despachos co portafolios da mordida porcentual. Mais isto acabouse, porque xa non sae liquidez polas billas dos bancos, e sen o líquido elemento non se poden amasar máis cementos nin amañar máis fortunas. Estámosche todos ben fodidos! Non si, Judas Tadeo? Te imploramos hagas uso del privilegio especial que se te ha concedido, de socorrernos pronto y visiblemente, cuando casi hemos perdido toda esperanza.
OS BALCÓNS DE MADRID
| Os Balcóns de Madrid FARO DE VIGO | | | |
.
VACAS DA COW PARADE, MILK ON THE ROCKS
| ||||||
| ||||||
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



