Acabo de regresar de Galicia. Quince días de vacacións no Concello de Parada do Sil. Ó solpor, pola fresca, pasaba o tempo parolando cos meus veciños, tocando temas do percorrer da economía e da política, comparando, ás veces, os costumes e formas de vida de antano coa vida que leva o camiño de ser para os nosos netos.
Antes de me enfrascar na rutina do traballo diario, e me poida esquecer destes días de lecer, quero que te consideres partícipe da seguinte conversa, que xurdiu, despois de ler no xornal El País(24/07/2009), esta sorprendente noticia: La FAO calcula que el sector ganadero emite más gases de efecto invernadero -el 18% - que el sector de los transportes.
O' Bailarín: Manuel Rivas fala dun millón de vacas, mais xa non se ven pacendo nos lameiros, nin se escoitan chocas nin esquilas, repenicando, tilín, tolón, nas corgas e pasteiros á beira dos regatos; nin nas touzas, comendo nas carqueixas.
Isidro do Val: pois, habelas hainas: están recadadas nos campos de concentración, que son as granxas, enlatadas, marcadas nasorellas co número do código de barras, explotadas, inseminadas polo veterinario, medicadas con píldoras polo asunto dos peidos,con perdón. O trato é cruel e por iso, seica que, se está a cocer unha rebelión de vacas.
Vaca Mu: Muueno, non botamos tantos eructos nin estamos a soprar tantas flatulencias, como están a dici-los de Greenpeace. Muuuu!como se nos vira o demo: curadas da tolemia, agora fedorentas; vou ver de me abrazar ó Hinduísmo.
O señor Xoán: Galicia non a recoñece nin a nai que a pariu. De cando neno, non había vacacións no campo, un día co arado arandounha leira, outro coa aixada na horta, coa fouce rozando o estrume, coa macheta na demouca. A miña casa presumía de ter 14vacas rubias: a Gallarda, a Cachorra, a Marela, a Pulida e máis, porque o santoral vacún era extenso.A burra atendía por Pelusiña;o can, por Troski. As pitas tamén estaban bautizadas: a poliña, a cacarexa, a do cu pelado, a pita cega.
O Xosé de Coira: Certo. Os animais domésticos eran como da familia. O meu pai acostumaba a facerlle cóxegas ás vacas nopescozo, mentres lle cantaba coplas; rimaba nuns ripios cargados de benquerenza: ponte, Morita, ó carriño que aínda che hei de darun biquiño; anda, Xenerosa, abre as patiñas que dás leite dabondo, co caldeiro cheo, vou ir ben lirondo. As vacas mirábanode esguello, sorrindo, agradecidas; ás veces, gustaban tanto dos aloumiños do meu pai, que lles pingaba o leite dos tetos.
A vaca sindicalista: Imos ver, daquela, traballar había que traballar, decotío xunguidas ó carro ou ó arado, mais así etodo, aceptabamos a nosa condición e noso lugar. Agora estamos ata os mesmos tetos que, mesmo, se nos vai avinagra-lo leite. Naúltima Xunta de Vacas, vacasrubias@xunta.es, decidimos declararnos en folga, de non atende-la patronal os dereitos básicos dos ruminantes: 1º/seguir comendo outono e mais alfalfa na primavera e no verán; herba seca, no inverno, como Deusmanda.
2º/non probar bocado de trevo branco, nin tomar píldoras de taninos, nin aceite de pescado, nin farrapos de gaitas, cogallo de mingua-lo gas metano, disque, causante do quecemento do planeta. 3º/ se nos chuchades o leite; mesmo, cocemos nocaldeiro e nos arrincades a pel para as botas; pois, como contrapartida, consideramos na XV que é de xustiza poder gozar,pola parte bovina que nos toca, dun mínimo de calidade na nosa corta vida.
O leiteiro da Montaña, O' Cabrito: a verdade é que estamos cabreados e ben fodidos. Abofé que si. O leite lévano case que regalado ou non veñen por el e agora están a falar dun ERE de cabezas de gando: disque, vai en aumento, que hai que deforestar para producir herba, demasiada polución no transporte do leite e da carne, que sobran vacas, que a carne de vacún non é verde, que vai ser una cousa boa para a ecoloxía e que non vai ser mala para reduci-las chichas de tanto obeso e obesas e, seica, vai corta-lo cáncer colorectal. Manda carallo! canta mentira inventan para foder ó labrego.
O crego(de poucas almas e de moitas igrexas): modérese, e fale vostede coa compostura que é debida! Ai, meu Deus! Chegou omodernismo coma un sunami arramplando cos valores, varrendo as igrexas de fregueses e deixando hermo o campo.Quérolles confesarque o asunto do gas metano de efecto invernadoiro é un divertimento, un conto dos políticos para distraervos da gravidade da crise económica, en xeral, e do leite, en particular. Cos anos, un vai perdendo a fe, nos políticos máis que en ninguén: xa pasaron 100 días; boto unha ollada ó eido do PP, en Galiza, e non vexo agroma-los proxectos das ideas sementadas ó espallo en tanto mitin. Pois iso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario