martes, 22 de febreiro de 2011

La palabra frente a la espada

"El Verbo se hizo carne y habitó entre nosotros", palabra de Dios. La palabra (del latín parábola; antes del griego: parabolé, símil, comparación, vocablo) es un don casi divino, quizás, el rasgo más significativo de nuestra especie.

Con la palabra, podemos comunicarnos y conformar nuestro pensamiento y, viceversa, el lenguaje va configurando nuestro pensamiento y sentir desde el momento en que empezamos articular las primeras palabras. Las vivencias en el devenir del tiempo van quedando codificadas en los aluviones de la memoria o fijadas en otros soportes, físicos o virtuales, para poder usarlas en el presente continuo o en el futuro próximo, y lejano, con sus variados matices en nuestras relaciones con los demás en el quehacer diario: kae óti o ánthropos físi politikon zóon, el hombre es un animal político, un ser sociables como ya apuntaba Aristóteles.

Pero quitemos la piel a la palabra como dice Saramago, desgranándola en algunos contextos, entre otras potencialidades y virtudes, la palabra articulada está dotada de una gran versatilidad: podemos seducir y dominar voluntades, infundir alegrías, atemorizar, engañar a un pardillo o suprimir la tristeza de un desconsolado, por nombrar algunas.

Pero hay más: con las palabras se canta una nana a un niño o se le narra el cuento de la Bella durmiente, se consuela a un enfermo, se confiesa un pecado, se condena a un reo, que tiene el triste privilegio de decir la última palabra. Con palabras nos saludamos y despedimos, nos declaramos en el primer amor o simplemente podemos decir buenas palabras, palabras muertas dentro de la boca o soltar la lengua a borbotones palabras vacías sin decir nada: palabras musitadas, hueras, palabras falsas, sin sentimiento, aparentes, ambivalentes, ambiguas o medias palabras, palabras libres, palabras ociosas, palabras sesgadas de políticos en el Parlamento, palabras con tricornio "¡que se sienten, coño!", "¡quietos todo el mundo!", palabra con dominio y derechos de autor, 23F, en el Sancta Sanctorum del verbo.

Seguimos leyendo en el Diccionario de la RAE las palabras mayores, las palabras preñadas, de honor, de rey, palabras mágicas, gruesas, picantes, palabras santas, de oráculo, al aire, 'palabras con hipo', ocurrencia de greguería: las hipónimas y palabras clave que abren puertas y horizontes.

Hay hombres y mujeres de palabra, los cuales, a la primera palabra, nos dieron su palabra de honor. También los hay sin palabra, o sueltan sus palabras sin peso ni sentimiento, que se las lleva el viento de ligeras, que dicen y desdicen lo que dicen: donde dije digo, digo Diego.

Con la palabra, nos podemos comprometer, palabra de matrimonio: pronunciar un 'Sí', un “¡Te quiero!”, rebosando de felicidad o escuchar, pocos años después, con amargura y desconsuelo: “¡Vete, ya no siento nada por ti!” Es entonces cuando tenemos que negociar con ella, con la palabra, el no de reproches y desamores, palabras cargadas de dolor, de las que destila lágrimas el alma para que no se corte la palabra entre dos corazones tristes y solos. 

Como resumen y corolario, no quiero comer palabras ni ahorrarlas, pero creo que no me van a faltar palabras para decirte la última palabra sobre los pueblos oprimidos que se han levantado, tomando la palabra como única arma, para pedir pan y liberttad.

...أ الشعب صاحب السيادة الله يرفع صوته، وقوة الكلمة، للاطاحة طاغية. وبمرور الوقت لسرقة ويصب بالسيف. امتد دمائهم وكرامة ...الشعب،"وغمد السيف وتترك في نهاية المطاف !!!

La hermosa grafía, palabras vestidas de gala y fiesta no nos dejan ver su interior, Alá es grande. 'Acá' te las vierto en cristiano:

“El pueblo soberano de Alá alza su voz, el poder de la palabra, para echar al tirano. Se ha terminado el tiempo de robar y de herir con la cimitarra. La dignidad del pueblo, su sangre derramada, hará que envaine la espada y se vaya”.

 P. D. Se quedan en el tintero los 'palabros', las palabras sin domesticar, pero de ellas hablaremos otro día, palabra.
.

xoves, 17 de febreiro de 2011

Ribeira do Sil, un morto mata a dous vivos


O que che vou contar hoxe escoiteino na adega da casa ó carón do pote, un mes de febreiro na destila da augardente. Desto xa pasaron moitas follas do calendario, certo, as trabes dos castiñeiros do souto gañaron dende aquela tres ducias de aneis que cantan, e contan, os anos en primaveras.

Pasou no coche misto das feiras dos Quintas de Maceda, e quero contalo, porque naqueles tempos serodios aínda ti estabas no limbo, bailando unha posibilidade entre millóns: to be, or not to be, e non é de dereito, coido, rumiar as miñas lembranzas ollando o meu embigo, que se  vai escapando cara dentro, fuxindo do presente e rebobinando o pasado, sen compartilo contigo. 

Naqueles omnibus antediluvianos, metíase de todo un pouco, á xeito de arca de Noé: a facenda e mailos porcos, na parte traseira; a xente da aldea: os homes coa boina calada ata as orellas e mailas mulleres cun pano negro cubríndolle a cabeza, adiante; no teito, as pitas en caixas e mailas cestas de pavías da ribeira: ás veces, a xente moza tamén viaxaba empoleirada no teito do coche das feiras, a xeito de turistas nun bus convertible.

Ó solpor, de volta de Monforte cara Maceda, na altura da parroquia de Sacardebois, no teito do coche da feira descansaba unha misteriosa caixa moi ben pulida para unha longa viaxe sen retorno, tallada con primor polo señor Nicasio de Bouzas, ebanista de arte e de oficio. E aconteceu que se puxo a chover unha porfiada treboada do demo, de maneira que un mozo coa cabeza ó aire de Vilariño Frío, que viaxaba acomodado no teito sen paraugas nin chuvasqueiro, sen se encomendar a Deus nin ó diaño, decidiu buscar acubillo dentro da caixa dos mortos, e disque, arrolado pola monotonía da chuvia, a cal repenicaba porfiada na tapa da caixa como cen pardais picando no gran, o rapaz axiña entrou no sono... despois de tres quilómetros, na seguinte parroquia, en Chandrexa, subiron dous homes mozos máis ó teito do bus.

–Nunca tal vin...! De cando acó...? Vaite demo, vaite...! –sermonaron para os seus adentros– desconfiados, con certo requeimar no cello cos ollos en fite no ataúde, porén non se atreveron a erguer a tapa, polo si ou polo non, índose acomodar nun recanto do teito do bus, arredados da caixa dos mortos, mentres se convidaban a chiscaren coa mecha uns pitos de caldo de galiña baixo un paraugas familiar portugués de doce variñas que trouxera o pai dun deles da feira de Verín, onde fora  coa mula co gallo de mercar cinco mañizos de verza de Chaves para a cortiña do pozo do Val.

E sucedeu que os repeniques da chuvia foron minguando pouco a pouco, vindo máis preguizosos e menos ruidosos no dilatar do tempo ata que, por fin, escampou: como resultas o mozo do cadaleito, falto de arrolos, foi espertando, porén aínda perdido nos biosbardos, sacou unha mao entreabrindo a tapa da caixa, tentando por ver se seguía a chover; logo, sacou a outra polo lado contrario, empurrando a tapa de golpe cara arriba: por baixo da tapa, os dous homes de Purdeus ollaron, estafermos deixando caeren os pitos da boca, como un morto con cara esvaecida de ánima en pena, erguía do cadaleito e viña a por eles coma un tarambaina servidor de Hades: como resultas da visita inoportuna da parca, nun tris-tras brincaron fuxidíos do coche da feira, caendo pesados como sacos de patacas na orela da estrada; ós poucos, comezaron a retorceren o corpo como bichas malladas cun pau, dispensando tal inxuria, na procura de fuxiren dun lado a outro, mais os malpocados, de súpeto comezaron a rodaren como pedras galgas polo terraplén abaixo, atopando tralas sucesivas voltas e reviravoltas un valado de cantería que marcaba o linde dun pasteiro na petada da carballeira de Parada de Sil, onde quedaron coa cachola  esnafrada cos luceiros encendidos perdidos ó lonxe cara ó infinito. 

O coche das feiras -liña: Maceda, Parada de Sil, Monforte- dos Quintas de Maceda, foi testemuña do conto dun morto que mata a dous vivos.


luns, 7 de febreiro de 2011

A envexa

 
Daquela xa medraron os carballos do alto da fraga do Covelo, tempos aqueles nos que percorría de vagar, pola ribeira do Sil, unha Galicia do interior, estancada e profunda, de pan de centeo, de touciño, de tricornes con mostacho, estilo Bismarck cheirando a xofre, de cregos empoleirados no púlpito coas prédicas en latín, metendo medo no corpo dos labregos, valéndose do confesionario para entrar na intimidade das alcobas e inmiscirse por debaixo das sabas co gallo de retirar cancelas e mais atrancos nos tálamos das parellas, coidando ser lei antiga do dereito canónico traer tantos fillos ó mundo como Deus quixer.

Nesta Galicia rural da ribeira do Sil, en Sacardebois, vivía un home envexado que, mesmo, lle deberían roer as tripas, como os ratos da fame, incapaz de convivir en paz cos veciños, e consigo mesmo, que andaba pola vida feito un vinagre enfrontado co meu pai por causa sen siso nin razón aparente, que rumiaba este home día e noite , coido eu, vas ti a saber o que se está a cocer nos miolos de xente tan teimada, que seica é unha enfermidade coa que un nace, un pecado capital da condición humana, merecedor da penitencia de adoecer abrazado cun lazo negro de cilicio até purgar a envexa que lle está a comer as entretelas do seu ser, ruín.

Un homiño, malencarado e colorado coa sangue a flor de pel, todo veleno, rastreiro e fuxidío como unha víbora.

Un día esperou o meu pai, acochado por detrás dunha parede, para brincarlle ó pescozo, pero o señor Isidro, home listo que decotío as apañaba no aire, ventouno de contado, medíndolle as costas coa vara aguillada que acostumaba levar consigo para tanguer a facenda, que por entón había na casa: vacas rubias e castañas, becerros, bois e xatos sen domear e mais unha mula falsa, lixeira de cascos. 

A carraxe do veciño, dende aquel día que probou a vara, foi a máis, matinando día e noite como foder ben fodido ó meu pai que viñera casar dende a montaña, intruso leitón de Celeirós! coa filla vinculeira da casa grande de Viana a quen lle tiña botado o ollo para facerlle as beiras na vindeira festa do Carme.

Outro día, co coitelo curvo de podar as cepas, abriulle a barriga as ovellas merinas, que o meu proxenitor trouxera da Estremadura, de cando ía coas reatas para vender as mulas en 'Castela', como dicían os tratantes galegos. Ovellas aquelas, orgullo da miña casa e pesar e desconcerto dos veciños de Sacardebois, por estaren acostumadas en percorrer os tarreos e cortiñeiros de Xan e de Pericán, saltando marcaxes e paredes lindeiras, sen se decatar as malas pécoras que nestes minifundios da ribeira non son do xeito de andaren elas ceibes, de aquí acolá, como na ancha Castela de campos abertos, amparadas polos dereitos ancestrais da mesta, descoñecidos por estes lares.

Aquel fulano, pecho e ruín, veciño do Val, como non podía co meu pai, como lobo famento de vinganza, apareceu onda min, presa fácil, con só dez anos no meu corpo, máis ben esmirrado, sen me decatar por estar eu nos biosbardos, xogando cos carriños de pau de salgueiro, arranxados coa navalla nas horas mortas de coidar as vacas no monte, sentado na tapa dunha parede do lameiro de Caldebaixo, tranquilo, matinando nos meus feitizos de incipiente enxeñería, que eran os xogos de meu. O home malvado, che digo, que fitou en min coma un lobo que baixara polo camiño da Fermiña, famento, dende os tobos da fraga do Covelo, cravándome os ollos de ollada magnética que me queimaron como brasas:

Que fan as vacas no meu lameiro? –díxome– arreándome unha labazada no medio da cara.

Como resultas do ímpeto da maza encallada que me esmagou o queixo, chimpoume cara á caldeira que levaba as augas de rega noutra banda da parede lindeira que me facía de casa e taller.

Non satisfeito coa afronta, mentres eu choraba os sete chorares asolagado na auga pedindo pronto socorro ó meu pai, que sabe Deus por onde andaría, máis ben lonxe, nalgún eido ciscado pola ribeira ou cos homes que estaban a traballar ó xornal cavando algunha viña, porén como non hai dúas sen tres, o home malnacido foi, sen se encomendar a Deus nin ó diaño, enarborando o fouciño de segar o outono, a todo percorrer tralas vacas ata rebarlle o rabo á Linda, que non puido fuxir da tolemia daquel home vingativo, por estar xa moi cargada de anos, aquela vaca que lucía debuxos asimétricos de mancaduras, á xeito de tatuaxes, que van deixando os anos na pel do gando, debuxos que logo se multiplicaron por causa das moscas e mailos tabáns nos veráos seguintes, que xa me dirás ti que futuro lle pode esperar a unha vaca manca, co rabo tronzado, loitando a cornadas cos diminutos vampiros, que están a chucharen o sangue, doce e quente, ata mesmo rebentar os malditos insectos.

Dende o medio do lameiro, berroume aquel home, como can rabioso: “Isto é para que se decate o teu pai quen son eu; toma, e lévalle o rabo; na próxima vez que vexa unha vaca saltada no meu lameiro, con este mesmo fouciño aínda che hei de segar o pescozo!”

Ai, amigo, destas merendas, poucas! Parada de Sil, terra que enmeiga.