As fillas da caracocha: 'Sacardebois', un nome curioso. Relato 17.
________________________________________________
17
17
Faragullas de ourego
“Ourego. Herba olorosa perenne da familia das labiadas (Origanum virens), de flores brancas ou rosadas en espiga, moi usada como condimento. A zorza dos chourizos pode levar ourego”.
Sacardebois, un nome curioso
Porén, hoxe en día,
outros filólogos foron máis lonxe á procura da orixe de ‘Sacardebois’, mesmo,
na Iberia prerromana: o “O topónimo ‘Sacardebois’ non ten nada que ver
con ‘sacar bueyes’, asegura Joaquín Caridad Arias na súa tese Toponimia Celta de Galicia, Ed.
Deputación de Lugo,‘Boisaca’ é unha palabra composta: o segundo elemento
‘Saccarius, Sagar ou Sakar’, é un nome de persoa de orixe ibérico. O primeiro
elemento ‘bois’ debe proceder do celta ‘boudio’, que equivale ó latín
'victoriosus".
“Por outra banda, en 1987, Manuel
Vidán Torreira, catedrático de latín, facendo un estudo sobre a evolución da
palabra ‘Ribeira’ en lingua galega, conclúe que o termo deriva de ‘riboira /
reboira / reboiro’ do que sería Reboira Sacra, carballo sacro (…). Hoxe podo
sinalar ademais algún outro indicio histórico que non mencionei daquela, como é
o feito de que no escudo do mosteiro de Montederramo figura un carballo (…),
comentou Manuel Vidán Torreira na Voz de
Galicia, (11/11/2005).
E para rematar a pescuda da orixe de
'Sacardebois', copio a súa entrada no Diccionario
Etimológico de Julian Aydillo San
Mardtín (Pueblos y apellidos de España,
Ed. Club Universitario): Sacardebois
(Orense): “Sobre los molinos del manzanal”. Procederá, pois, do euskera: Sagar-bol-iz?