O Concello de Parada de Sil, de acordo co Patrimonio, está levando a cabo unha limpeza, estudio e valoración arqueolóxica do lugar chamado As tumbas de San Vitor na parroquia de San Lourenzo de Barxacova con sorprendentes achados.Para saber máis, cliquea no enlace Voz de Galicia.
xoves, 9 de setembro de 2010
martes, 7 de setembro de 2010
O tempora, o mores! –Cicero dixit.
Corren aires frescos nos tempos de hoxe: ventos lixeiros que veñen gañando rango dende hai unha manchea de anos. Non se trata dun aire estacional de pasar pasaxeiro. Non. Abofé que mesmo che parece unha ventada recorrente que quixer borra-las pegadas da fe e maila memoria dos nosos devanceiros.
Memoria escrita nos libros dos mosteiros e, mesmo, nas pedras das catedrais das urbes, que debuxaron iconas e perderon a gravidade material, tirando delas os pináculos e mailas agullas con vocación de gaña-lo ceo. Sen esquecer, no medio rural, os beneficios das capelas, dos oratorios e dos petos de ánimas. Quedan as imaxes sagradas das pedras dos cruceiros, que limparon dos camiños os maleficios de bruxas e de diaños noitébregos. Pedras que falan soas doutros tempos gloriosos, mais agora “nas pías da auga bendita dos mosteiros, comen os porcos e beben os cans” –espetoume este verán un paisano da Ribeira Sacra ó pé do mosteiro de Santa Cristina, afundido no silencio, orat et laborat, do Canón do Sil.
Los católicos están dejando las iglesias vacías.
Xa non rezamos ás reliquias de San Pantaleón nin imos na busca do Santo Grial. Parécennos estar trasnoitados os curas célibes e as sores, virxes; as guerras santas, as bulas papais, os xubileos e mailos anos santos; tampouco corren os tempos de debulla-los rosarios dolorosos, gozosos ou gloriosos; nin se escoitan, dende hai anos, nos internados de seminarios e noviciados as ladaíñas e mailos latines que eran de seu, nin os cánticos gregorianos de misas de angelis do coro de voces brancas de escolanías.Dime que pintan hoxe os cilicios, os escapularios, os velos, as velas e mailos velorios?
El número de nuevos adeptos disminuye y el de de personas, que deja de creer en la Iglesia, aumenta.
Lugares de rezo e de tormento. Salvadores da nosa alma: curas, freires e freiriñas, bispos e beatas, ceos, purgatorios, púlpitos e confesionarios, limbo de xustos e de dindáns, autos de fe, condenas, responsos, inquisicións, san benitos penitentes, infernos de tormento eterno e esmolas para o culto están pasando a mellor vida.
El barómetro del CIS afirma que sólo el 13% de los católicos va a misa.
Mandamentos de Deus, mandamentos da Igrexa, mandamentos do catecismo, encíclicas dos Papas, sermóns guías do camiño a seguir da nosa conciencia para o seu curro redentor.
Duns anos a esta parte, ventos transvesais iconoclastas e laicistas corren polos eidos do saber, polas tribunas e palestras, polas ciencias e conciencias:"Non cómpre invocar a Deus para acende-la mecha e pór en marcha o Universo", agrega Hawking no seu libro The Grand Design.
mércores, 1 de setembro de 2010
Sucedeu preto do Canón do Sil
Sucesos paralelos sucederon en distintos lugares e épocas. A violencia de xénero vén de lonxe. É a condición humana. O caso que che vou contar pasou en Ourense, na Ribeira do Sil. Dende entón xa medraron os carballos da fraga.
Os días de agosto daquel ano de mil novecentos cincuenta e pico ían de vagar, tempos preguiceiros aqueles, certo. Terras de pataos e de minifundios da Galicia rural, empobrecida e profunda do interior na que rara vez aparecían novas que contar.
As campás do chan da igrexa repenicaban pola festa da Virxe da Asunción. Os foguetes, de cando en vez, estoupaban por riba dos tellados das casas da parroquia, rompendo o son das campás, co seu voltear cadencioso. A tarde amosaba abafante de bochorno, ameazando afoga-la festa e enmudece-la troula e mailas fanfurriñas da mocidade.
Uns berros queixosos, xordos ó lonxe, espertaron ós veciños do repouso soporífero. Coido que serían iso das cinco da tarde, por entón non levantaba eu máis que un cesto culeiro de apaña-las uvas. Os feitos do suceso desafortunado, co tempo pasado, xa arrefriou de abondo. Chegou o momento, pois, de poder contalo.
Os veciños saíron á estrada na procura de novas do que estaba a suceder preto do Canón do Sil. O monte do Valdocán comezaba a fumegar. Unhas mulleres berraban no medio da carballeira como se viran a boca do lobo.
Fulxencio había dous días que lle pedira prestado o martelo de orellas a súa veciña Rosa.
–Escoita, cumpríame o teu martelo grande de orellas, que teño que arrincar un cravo dun asunto.
–Xa hai días que non o vexo por ningures.
–Perde coidado, ho, que con dous golpes certeiros arrinco o cravo que teño cravado nas entretelas do meus ser: a cousa non ten demora, porén certo que vai quedar arranxado de por vida, que volta feita xa non mete présa.
O Fulxencio xa pasara dos trinta anos. Mozo achaparrado, malencarado, solteiro, traballador esforzado trala gancha, mais de pouca parola, solitario e pecho de carácter. Era un home do xeito de ser que bailaba entre raro e toleirán.
A Belinda tiraba máis a muller parva que aguda: adoitaba rir sen sabe-lo motivo, pero parecía feliz a súa maneira, porque non se facía preguntas nin se comía o coco en cavilar os porqués das cousas; con rir, xa tiña todo resolto. Cunha idade indefinida entre vinte e trinta anos no corpo; non era así no entender do seu caletre que mesmo che parecía unha nena, de escoitala falar dos asuntos da vida.
Os pais encomendábanlle ir coas vacas para o monte. Non servía para outros mesteres; nin, mesmo, para coida-lo neno que, seica dicían os dixomedíxomes das veciñas do lugar, que lle fixera Fulxencio nunha leira de millo preto do monte, onde ía coas vacas ós pasteiros que había no fondo do vilariño.
Aquela tarde de calor debeulle rouba-lo sentido ó Fulxencio ou lle espertou a tolemia que, dende anos, durmía acochada coma unha fera que estiver a repousar no seu tobo. Pasaba as noites sen pegar ollo, dando voltas e viravoltas no xergón de follas de millo, ruxe que ruxe, rumiando no seu caletre cousas do mesmo diaño.
Dun mes a esta parte, a súa semente, do mesmo xeito como o lévedo fermenta a masa do pan e faino medrar, estaba obrando o mesmo cambio na barriga da Belinda. Outro neniño viña de camiño. Isto hai que paralo! –berrou coma un animal enfurecido.
Sen se encomendar a Deus nin ó diaño, determinou acabar con pesadelo que lle estaba a rouba-la vida.
Estaba xa avisado de non fochicar na Belinda. Mais era un home primario e falto de vontade.
"Vai se-la última vez que te hei de chingar", lle prometía, un día tralo outro antes de acabar montado encima da rapaza no leito de follas da leira de millo. En chegando o apertón das hormonas, babexaba coma un marrán que mesmo había de dar noxo velo. Os miolos fervíanlle como as papas ferven saídas do lume: non era dono do seu corpo, un home sen siso no caletre domeado polos baixos impulsos, aínda que, logo da catarse, quedaba tranquilo coma un boi manso ata que o mesmo demoño lle volvese a dar fol para voltear a facer das súas.
"Como te volvas deitar coa miña nena, heiche de corta-los collóns co coitelo da face-la poda e botarllos a comer ós cans", díxolle o varudo pai da Belinda unha tarde que acudira o seu encontro, ó final dunha carrioza de onde non podería fuxir, acompañado dun veciño armado cunha forquita de ferro de catro gaios que se usaban daquela para carga-la herba nos carros.
No clímax da loucura, co martelo de orellas do pai da veciña que fora carpinteiro, asestoulle dous golpes ben dados na sen, deixándoa seca no sitio: a coitadiña da Belinda quedou cos ollos abertos acendidos co brillo da inocencia, ollando o ceo sen dar un laio, aceptando o seu destino, cruel. Morreu coma un paxariño –dicían as veciñas. Axiña, o mozo asasino, bufando coma un becerro pechado nun cortello, colleuna en brazos mal como puido, deitouna encima dunha pila de achas que había preparada para as cociñas económicas e lareiras do inverno. Apañou unha puñada de fentos secos, colleu o chisqueiro do peto do pantalón de pana, axustou a mecha, chiscou na roda, soprou na brasa e pegou lume a pobre Belinda que levaba dentro de si o froito do seu pecado.
Deseguida alamparon os garabullos e achas fendidas de carballo. Un vento oportuno, rubindo dende a boca do Canón do Sil, espallou as labaradas de abaixo a riba, deixando o monte queimado en menos que canta un galo, coa cinsa cubrindo o chan e as árbores, que se resistían a morrer, fumegando. Ó día seguinte, unha ventada que sopraba do norte ciscou a cinsa –cinsa do vento, cinsa das cousas esquecidas que vagan polo ar– polos tellados das casas e dos eidos sementados do redor, cubrindo de negro o leito de follas da leira de millo.
Fulxencio redimiu penas, traballando na lavandería de Santoña, onde despois de nove anos, refregando as sabas dos catres dos demais presos, sucios, limpou a súa conciencia de culpas.
Un día frío de inverno, xa ceibe, volteou a súa parroquia no coche de liña Barreiros coa mesma roupa, esvaecida e encollida, do verán de cando fora preso. Ó entrar na tenda da seu vilariño, a rapazada coas mulleres que acudiran á parada do coche de liña e mailos homes, que mataban o tempo xogando á brisca de seis, quedamos, eu tamén estaba alí, paralizados sen pestanexar, ollando ó monstro de esguello, polo si ou polo non. Calados co medo metido no corpo como se aquel home for o diaño que viñese oficia-la misa de defuntos para todos nós.
Entón, dixo o home rompendo o silencio daquel velorio: boas tardes. Os veciños baixaron a cabeza. Ninguén contestou nin fixo ademán nin comentario algún. A xente foi saíndo da tenda, silandeira. O expresidiario, coa cabeza gacha, achegouse ó mostrador, sacou uns pesos da faldriqueira, sinalou unhas chancas do 42 que colgaban do teito, pediu unha puñada de cravos, atounas cos mallós unha á outra, botounas ó ombreiro e desapareceu pola porta coma un can vagabundo.
domingo, 25 de xullo de 2010
Cousas do ceo e da terra
Coas monadas destes mestres, deseñados ad hoc, as autoridades académicas pensan roe-lo óso das matemáticas, sen considera-lo esforzo e mailo traballo diario como método a seguir; partidarios de ofrecer ao alumnado o pan migado e de cocer a Pitágoras nunha sopa de números e letras coma un xogo máis para entreter, non sexa o demo de que por tanto cavilar lles suba o estrés ou provoque algún trauma a cerebelos, fráxiles, con máis carga de sexo que de siso, que adoitan te-los escolares en idade de aprender.
Os novos docentes, coñecidos no ámbito estudantil como monadas ou mónadas, programados co principio activo do microcosmos Leibniziano de espreguiza-las neuronas co recurso da ludopraxis, esperan poder meterlles a hipotenusa no caletre aos rapaces con nota deficiente por causa de mestres e de programas pensados por uns e aplicados por outros que veñen a sumar ao cadrado unha panda de catetos.
Os americanos, por outra banda, respectuosos co cuarto poder dos mas media, decidiron trinta anos despois cambia-lo mono por un periodista de Relixión Dixital, acostumado a se mover pola araña sideral do Internet, un crego experto na doutrina hermenéutica da linguaxe divina, co fin de entrevistar a Deus e difundir pola Rede as primeiras palabras en directo, despois de subir ao ceo, xa vai un mangado de anos, persoa trinitaria tan importante.
Porén, despois de constata-los datos acaecidos, lamento ter que informar que todo o proxecto e expectativas del levantadas quedou nun chasco, porque a nave espacial, despois de percorre-las estradas interestelares unha e mil veces, en círculos concéntricos cada vez mais próximos ó burato negro, na procura do desexado encontro con Deus, non atopou o seu Reino por ningures. Porén, seica que unha partícula másica divina, o bosón de Higgs, ou partícula de Deus vai amosar pronto no Gran Colisionador de Hadróns (LHC), antes o CERN de Genéve.
–Certo : “Deus é, pero non está” –díxome un crego, sinalando a noticia no Xornal de Galicia.
–Contesteille humildemente: No catecismo viña que Deus estaba en tódalas partes. En que quedamos?
O curiña non soubo que dicir.
–Mecagoendiola, non hai Deus que vos entenda! –berrei entón, alporizado.
–Cala, home cala! Ai, meu Deus, ai: estas pequenas criaturas finitas! –rosmou o crego polo baixiño, sorrindo coa inocencia dun anxo caído do ceo.
Os cestos culeiros da Ribeira do Sil
| Cando chegaba o tempo da vendima na ribeira do Sil, Sacardebois, había que arranxa-los cestos para face-la carrexa das uvas dende o mesmo pé da auga ata as adegas que, por entón, ocupaban os baixos das casas. | |
Os mozos, cunha saba as costas, cargaban cos eles polos sendeiros e carriozas en fileira india, competindo en aturulos cos mozos de Lemos. Cada casa, segundo os haberes e cavaduras de viñedo, dispuña para este mester de dez, vinte ou máis cestos culeiros de castiñeiro bravo. Había, daquela, un home de sombreiro de pano dunha casa de moita facenda, con moitas viñas esparexidas por toda a ribeira, familia que deviñera rica por mor dos foros do mosteiro de Montederrano noutros tempos de antano. Máis de quince días facendo a carrexa das uvas lle cumprían a esta casa: varias mulleres de Vilouxe que traballaban ao xornal levaban o peso da xeira da vendima. As fillas do rico tamén axudaban, aínda que como estaban estudando para mestras lucían uñas e maus máis brancas ca dun crego, pouco axeitadas, pois, para dobra-las costas e xunta-los vagos do chan. Ciscados polos camiñiños cara adega, os xornaleiros e mozos da casa ían paseniño apandando cos cestos culeiros, rubindo coma formigas polos pataos e sendeiros, pousando de cando en vez nalgunha tapa das paredes das carriozas: momento oportuno para coller aires e botarlle uns aturulos aos mozos de Amandi.Ao fío das once da mañá había que repousar para toma-lo taco de xamón con queixo de ovella de Zamora, regado coa bota de viño que agardaba na fresqueira dunha fonte. O caso foi que o home dos sombreiro era da condición de pensar que non habería de cortarlle a cabeza a tantos castiñeiros novos para arranxar unha morea de cestos para usalos unha vez o ano, que era moita canallada para os soutos e fragas. En troques, outro veciño de boina negra encasquetada na súa caluga vía o asunto dos cestos de maneira contraria: dado que as cavaduras de viñas non eran moitas e uvas que carrexar poucas, veu na opinión de que ollando unha morea de cestos no seu alpendre, a xente do lugar haberíao de ter en mellor consideración, porque tanto tes, tanto vales, dicía. Un día daqueles, polo vinte de setembro, atopáronse os dous homes na tenda do Carreño e falaron deste xeito: -O home do sombreiro de pano: non teño cestos dabondo. Ti, que tes moitos, poderíasme prestar algúns, que me anda moita xente na vendima. -O home da boina replicoulle: carallo, conto con cincuenta e tantos cestos e cómprenme todos. Eu se for ti, habería de arranxar para a vendima douscentos cestos e aínda mais. -Entón, o home de sombreiro sentenciou para rematar a conversa: eu non penso investir todo o meu capital en cestos, como fas ti. Ámbolos dous pecharon a boca e desviaron os ollos cara abaixo, porque cadaquén mira polo seu e ve as cousas a súa maneira. | |
venres, 9 de xullo de 2010
Libro branco dos esquecementos
Na ribeira do Sil, van morrendo os últimos vellos. A memoria desta bisbarra vai desaparecer en poucas décadas. Co gallo de recuperala nos libros, un estudante de Antropoloxía da Universidade de Santiago, Lucio Miranda, investigando para a tese doutoral Os esquecementos da cultura ribeirá, mandoulle unha misiva ao alcalde do Concello de Parada de Sil –á sazón, a súa excelencia Xosé Ramón Prieto– con fin de que algún veciño, peiteando canas e sabio, lle achegara polo miúdo información de tales esquecementos culturais do berce da Ribeira Sacra.
Isidro de Viana, daquela Xuíz de Paz; de mozo, bregado nas andainas coas reatas de mulas por terras de Castela, home de moita parola e coñecedor dos costumes de acó e de acolá, recibiu a encomenda en dar forma ao informe.
Con tal propósito, ao anoitecer armado de lapis e papel, sentou na galería da Casa de Viana perdendo a ollada por terras de Amandi, mentres se bambeaba na randeeira calado coma un moucho, pensando por ver de cazar algún recordo de tempos esvaecidos. Mailos esquecementos, fieis á esencia do seu ser, non son doados en aboiar á superficie da conciencia.
Magoado por se lle ir o santo ao ceo, abriu a petaca e púxose a liar un pitillo coa cerimonia que é de seu. Prendeu un fósforo, agardou un chisco, meteu aire nos bronquios, soltou unha fumarada e intentou lembrar outra vez, mergullando cara dentro para remexer no fondo do subconsciente. Así che estivo un anaco ata que o lume do pitillo lle lambeu os dedos, mais nada. Tabula rasa. Non recordaba ningún esquecemento!
O novel investigador recibiu o informe Os esquecementos da cultura ribeirá coas follas en branco.O universitario nunca chegou a doutor por causa de non acertar en abrir o título da tese.
xoves, 1 de xullo de 2010
Ser y hablar
El Instituto Cervantes afirma que el español tiene 416 millones de hablantes nativos y que ya superó al inglés, aunque la primera lengua siga siendo el mandarín. La vida de una persona determina su habla: según hables, así eres, reza un viejo aforismo. La ruleta de la fortuna ha sacado su descarada lengua para marcarnos el lugar y la fecha: no nacemos, nos nacieron hic et nunc, abocados al mundo. Heidegger habla del Dasein(el ser-ahí), como característica del hombre. Así que nuestro destino se presenta incierto. Ligeros de equipaje, como diría el poeta, nos ponemos a jugar y a tentar suerte: pueda ser que nos llevemos los triunfos y, con ellos, lleguemos a ser una figura o un as entre los nuestros, pero si nos toca la morralla de la baraja, no pasaremos de ser un donnadie.
El vocabulario del castellano refleja la cara y la cruz de este juego de naipes en la que, día a día, perfilamos nuestro ser. Pongamos, pues, las cartas encima de la mesa.
Que pintan copas, te ha tocado cara: la vida te va a sonreír. Estas son algunos de tus sustantivos que te definen y algunos verbos para actuar: tus cartas.
jugar, triunfar, cantar, ganar, belleza, amistad, compañero, cielo, amor, niño, alegría, gratitud, cisne, dulzura, corazón, flor, abrazo, hermosura, beso, cariño, caricias, premio, victoria, libertad, algodón, derecho, armonía, hola, sol, idilio, bondad, acuerdo, consenso, trabajo, viajar, sonreír, mar, agua, amar, sanar, bendición, riqueza, pasear, música, divertirse, joven, soñar, gozar, prudencia, perdón, educación, gracias, saludo, felicidad, fortuna, aprobar, solidaridad, invitar, benévolencia, benefactor, empatía, indulgencia, justicia, paz, aplomo, temple, corazón, donante, celebración, nacimiento, fruto, naturaleza, fuente, belleza, enamorarse, unión, hijo, aprender, cuidar, alimentar, escuchar, ayudar, recibir, dar, imaginar, reír, leer, saber…
Que pintan espadas, mala suerte. El palo de estas cartas, como letanías de doloroso misterio, será el azote de tu cruz:
perder, pedir, padecer, crisis, desgracia, pelea, discriminación, machismo, violencia, arrebato, romper, castigo, cabrón, suplicio, dictadura, burka, sufrimiento, hambre, bochorno, riña, dolor, enfado, maltrato, desamor, miedo, angustia, loco, pisotón, cruel, feo, marrana, canalla, horror, pegar, error, enfermedad, analfabeto, muerte, adiós, solitario, aburrido, estúpida, torcido, imbécil, asqueroso, hostilidad, pecado, chabacana, desagradable, tonto, disfunción, triste, repulsivo, halitosis, subnormal, racismo, hipócrita, odio, chaquetero, enemigo, rencor, mal, falso, vagancia, estupro, nazi, revancha, cuchillo, accidente, guerra, ataúd, síndrome, biopsia, tumor, multa, estallido, pobreza, desesperanza, injusticia, ostentación, despilfarro, hipoteca, deshaucio, caradura, paro, corrupción, gilipollas, ignorancia…
Cuando termines la jugada, por favor, baraja las cartas. A lo mejor, en la siguiente partida, puede cambiar de mano la fatua desgracia por la caprichosa fortuna.
luns, 28 de xuño de 2010
A orxía do diñeiro público
Abre el siguiente video, te gustará: http://www.youtube.com/watch?v=SjAxtRAeDuQ&feature=related (Enlace: blog Lembranzas de Inés de Vigo)
luns, 21 de xuño de 2010
Ginebra, 1969-2010
-->
Cuando pasó el control de seguridad del aeropuerto de Ginebra, sintió que sus labios se curvaban solos.
“Pase lo que pase, se prometió a sí mismo: ‘Yo no me vuelvo a Lugo con las manos vacías” –¿De qué te ríes, papá? –preguntó su hijo mayor, y él le miró un instante antes de contestarle. –De nada –pero no pudo evitar que su sonrisa se ensanchara–. Cosas mías.
En el verano de 1969, él tenía 19 años y un amigo del colegio que, tras emigrar a Lucerna, estaba ganando un dineral. En su casa, sin embargo, no había mucho dinero. Él sentía que las matrículas de honor que jalonaban su expediente no compensaban el sacrificio que su carrera universitaria había impuesto a su familia, y por eso, cuando le dieron las vacaciones, decidió irse a trabajar a Suiza, para ganar su propio dineral mientras practicaba el alemán. Ni corto ni perezoso, se hizo el pasaporte, compró un billete de tren y se plantó en la estación de Ginebra. Allí, rodeado por todas partes de compatriotas provistos de un montón de documentos, comenzó su aventura. Consciente de que era el único español sin papeles de toda la cola, estiró el cuello para descifrar en varias lenguas distintas la misma expresión, “contrato de trabajo”, pero no se amilanó. Pase lo que pase, se prometió a sí mismo: “Yo no me vuelvo a Lugo con las manos vacías”. Con esa certeza y ningún contrato, llegó hasta la ventanilla.
¿Con qué intenciones entra usted en Suiza? Él sostuvo sin arrugarse la mirada de aquel pulcro, cortés funcionario ginebrino. Vengo como turista, contestó. ¿Y cuánto tiempo piensa quedarse haciendo turismo entre nosotros? Esa respuesta tampoco se la pensó, y dijo la verdad, dos meses. Muy bien, al funcionario pareció complacerle aquel plazo, pero no lo suficiente como para renunciar a una tercera pregunta. ¿Y cuánto dinero trae usted? Dos mil quinientas pesetas. Antes de acabar de decirlo, ya había comprendido que la sinceridad a veces puede ser un error. Ahora sí que la has hecho buena, Angelito…
Un instante después, con la misma pulcritud y cortesía con la que se había comportado en todo momento, aquel oficial le devolvió su pasaporte con las mismas palabras, faux touriste –falso turista–, estampilladas en todas las páginas. A continuación, le regaló un billete de vuelta, derecho a España. Pero él no iba a volverse a Lugo con las manos vacías, de eso ni hablar. Así que se bajó en la primera estación que encontró más allá de la frontera, en un pueblo que, nunca podrá olvidarlo, se llamaba Bellegarde. Tampoco olvidará nunca que lo primero que se le ocurrió fue dirigirse a la gendarmería, a contarle a la policía francesa lo mal que se habían portado con él sus colegas suizos. El responsable de la seguridad de aquel pequeño pueblo le escuchó con la boca abierta y una benevolencia limítrofe con la simpatía. Tiene usted razón, admitió, los suizos son muy antipáticos, pero… Si no se marcha usted de mi despacho ahora mismo, no me va a quedar más remedio que detenerle.
Otro habría cogido el primer tren para Lugo. Él se dedicó a buscar grúas, porque debajo de las grúas hay obras, y en aquella época, en aquel lugar, en las obras florecían los albañiles españoles. Ellos le ayudaron. Mira, a ese acaba de parirle la mujer y seguro que necesita dinero… ¿Sabes conducir?, fue lo único que le preguntó aquel argelino, tras aceptar 2.500 pesetas como precio del viaje. Claro, respondió él, muy ufano. No tenía ni nueve años cuando mi padre me enseñó a llevar un tractor. Ya, pero… ¿Tienes carné? ¡Ah!, no, de eso no tengo.
Lo que tuvo, una vez más, fue mucha suerte. Dos kilómetros antes de alcanzar el control de pasaportes, el argelino le cedió la plaza del conductor. Confiaba en que la matrícula de su coche, fronteriza, disuadiera a la policía suiza de exigir la documentación de sus ocupantes y en que, si lo hacía, exigiera solo la del copiloto. En efecto, les dejaron pasar sin ningún trámite. Unos kilómetros más allá volvieron a intercambiar sus lugares y llegaron al destino pactado, la estación de Ginebra, sin novedad. Allí, él esperó al tren en el que debería haberse subido el día anterior y –antes la cárcel que la derrota– se encerró en el baño hasta que pudo desembarcar en Lucerna, donde paró un taxi al que dio la dirección de la granja en la que trabajaba su amigo. ¿Pero qué haces tú aquí?, le espetó este, al verle, si ayer fui a esperarte y no llegaste… Tú calla, anda, le respondió él, y paga a ese taxista, que yo no tengo ni un céntimo.
–¿Pero de qué te ríes, papá? –volvió a Lugo en septiembre, con la pequeña fortuna que había amasado dándole vueltas a la manivela de un asador de pollos.
–De nada –pero 41 años más tarde acababa de pasar la misma frontera como un señor–. Total, si te lo cuento, no te lo vas a creer…
(Esta es la verdadera historia de la admirable intrepidez juvenil que, en el curso de dos viajes a Ginebra –uno en 1969, otro en 2010–, convirtió al prestigioso catedrático y crítico literario Ángel Basanta en el protagonista de un trepidante relato de aventuras).
Nota.- En eses años de la España de los planes de desarrollo y de las revueltas de mayo '68, muchos estudiantes durante las vacaciones del verano se fueron a trabajar -y a respirar aires de libertad- a los países de la Europa desarrollada. Yo también fui uno de ellos. Algún día lo contaré en este blog.
sábado, 12 de xuño de 2010
Portabrosmos, un paso no Sil
Hemeroteca da Voz de Galicia * 26 de xaneiro do 2007
Autor do comentario: C. Rueda | F. Albo Localidade: Monforte.
Unha aldea de Sober conserva recordos dos tempos das barcas e a pesca de anguías.No pobo vivían catro barqueiros que aseguraban o tránsito cara á beira ourensá.
O pobo de Portabrosmos, na parroquia soberina de Pinol, era un paso obrigado entre as ribeiras lucense e ourensá do Sil antes de que o río fóra embalsado. Os puntos de atracada en ambas as beiras correspondíanse co camiño real que, procedente de Ourense, cruzaba o río no lugar da Barca de Abaixo, seguía por Portabrosmos, pasaba por Chanteiro e continuaba polo Camiño do Atallo cara a Pinol.
Hai xa moito tempo que desapareceu o paso de barcas, pero os veciños do lugar aínda conservan moitos recordos deses tempos. Foron catro os últimos barqueiros de Portabrosmos que trasladaban persoas e animais dunha beira outra: Meixide, Constante, Amador e Pepe dá Ribeira. Usaban unha barca comunal. Cada semana se turnaban dous barqueiros para conducir a barca á outra beira. O labor complicábase nas épocas de crecida, nas que había que empregarse a fondo para evitar que as correntes arrastrasen a embarcación río abaixo.
A barca, rectangular, medía seis metros de longo por dous de ancho. Os prezos eran fixos. Cobrábase unha peseta por persoa e 1,50 por cabeza de gando. Os veciños utilizaban a barca para acudir ás festas de Sacardebois, á feira de Parada de Sil e a Castro Caldeas cando era a tempada de sega. Tamén se empregaba para ir buscar leña á ribeira ourensá. Pero cando tiña máis pasaxeiros era o día da romaría de Cadeiras, á que acudían moitos veciños da outra beira.
Abandono
O punto de atracada na ribeira ourensá era na aldea de San Fiz, preto de Sacardebois, que se caracterizaba por ter as súas rúas empedradas e pulcras. Cando se construíu o encoro, os veciños abandonar a aldea, xa que o terreo volveuse inestable. Só unha muller de idade avanzada negouse a abandonar a súa vivenda. Anos máis tarde tivo que ser trasladada polos seus familiares debido á súa precaria saúde.
O embalsamiento do río acabou con outra actividade característica de Portabrosmos, a pesca, que se practicaba en varias pesqueiras repartidas neste tramo da canle. As nasas e os cestós (unha variedade de cesta adaptada para a pesca) eran as artes ou medios que utilizaban para pescar anguías, peixes e troitas. As anguías tiñan moita demanda cando era a romaría de Cadeiras. Os rosqueiros de Sober solicitábanas a miúdo para confeccionar as súas típicas empanadas da raia.
'O Meixide' era un experto pescador a quen acudían con frecuencia os rosqueiros e demais veciños. «Preparade a pota e as patacas para poñelas non lume, que vou por peixes», adoitaba dicir. Collía unha rede curta denominada rebucha e ao intre volvía con sete ou oito quilos de peixes e anguías.
xoves, 3 de xuño de 2010
A lenda da Cabritiña de Ouro
A lenda da Cabritiña de Ouro vén de lonxe, dos tempos das meigas, nos que se dicía que os animais falaban: unha manada de lobos cos dentes regañados da Fraga do Covelo, de cando os carballos non levantaban máis cós homes, pegaron a correr tras dunha cabretiña que se quedara a repousar, acochada debaixo duns fentos xigantes que medraban a gusto no lugar de Fontefría.
Os temibles lobos, donos da fraga, con todo e iso disque non atoparon día para poder fincarlle os dentes: en canto se achegaban á súa beira, malia de seren astutos coñecedores da mellor estratexia da caza, atacándoa por distintos francos á vez, á desvalida cabritiña íaselle metendo o medo nas entretelas convertendo o seu corpo brincadeiro nunha cabrita de corpo pousado e preguiceiro até quedar paralizada, transformada nunha figura inmóbil: na estatua da Cabritiña de Ouro, que adoita relucir, aínda hoxe, empoleirada nas penas de do alto do Pereiro baixo o arco da vella nos días de sol de outono e de chuvia de agosto, cunha medalla de ouro pendente do seu pescozo coa lenda: “A cabritiña de Ouro”.
E falaban os nosos devanceiros que máis dun lobo habería de perde-los dentes caninos, teimando en comela a dentadas noutros intentos de ataque. Ás veces, a fame no inverno amosaba tan negra que mesmo parecía que unha puñada de ratos estivesen a roer nas tripas dos lobos. Era o momento propicio para cravarlle, primeiro os ollos, luceiros magnéticos, co gallo de hipnotizala e deixala queda e, logo, os dentes para esnaquizala nun amén. Mais di a lenda que a coitada cabrita haberíase de transformar decotío nunha estatua de ouro, mentres houbese de venta-los lobos ao seu redor.
Dende entón, os canis-lupus non lle quitan ollo nin de día nin de noite neste lugar da fraga, coa esperanza de perde-la cabrita o meigallo que lle botara a bruxa de Celeirós por vingarse da súa ama, maleficio que, co andar dos tempos, na terceira xeración, habería de mudar en beneficio de salvavidas para a cabritiña do conto, porque non hai mal que por ben non deveña como reza nos libros dos freires que noutros tempos habitaron os mosteiros da bisbarra.
A cabra Patética, a súa avoa, padecera mal de ollo. O meigallo entráralle no corpo, porque a dona do Paneiro non lle quixera dar aquel ano a bola de unto que lle correspondía a Remixia, a meiga, por mor duns favores prestados por torna-lo andazo do cortello dos porcos de ceba que a Casa do Paneiro presumía ter ben gordos e mantidos.
E di a lenda que un veciño de Sacardebois, que moraba nos eidos que se estenden por debaixo da vía, lugar coñecido por Casa de Viana, ou camiño real que xungue a ribeira coa montaña, coa gallo de incorporar cabras ao rabaño de ovellas merinas traídas de Estremadura, mercara unha cabra preñada a Xosé de Celeirós, O Paneiro. Unha muller vella de pano negro e de mirada torva do lugar, aprendiz de meiga, falaba que a cabra tamén había de vir preñada do meigallo, como así veu suceder.
Tal como vai o conto, a neta da cabra Patética parece que debeu herdar o meigallo, pero ata cando?
Quizais unha noite de lúa chea, se lle poida esgota-lo encantamento. Entón será a noite da festa do chibo –parolaban as feras na boca da Cova dos Lobos, sentados de carto traseiros nun leito de follas da carballeira.
Mentres isto veña a suceder, se ha de acontecer algún día, a lenda da Cabritiña de Ouro continuará revivindo unha e outra vez nas cabezas dos máis vellos que dende tempos de María Castaña se veñen relevando nestes lares da Ribeira Sacra.
xoves, 27 de maio de 2010
martes, 25 de maio de 2010
O Mudo de Bouzas

O Mudo de Bouzas (Sacardebois, Parada de Sil) acudía tódolos domingos a misa,
botando uns berros que facían abanear o mundo, mentres camiñaba cara á igrexa
coma un toleirán co baile de san vito que era de seu, debuxando eses na estrada de coios e
terra, que había daquela... amosando o mudo pola curva de Pedrachá, as campás
da igrexa estaban a piques de daren as tres badaladas para o comezo da santa
misa.
O crego repartía o pan de Deus a tódolos
veciños que se achegaban ao altar; mesmo, á mestra de Barxacova da que se dicía
que a súa fermosura, donaire e simpatía, só con ollala, facía pecar ós homes
máis devotos da parroquia e, mesmo, a algún cura mozo da contorna que se sentía
incómodo, encerrado coma vichelocrego dentro da negra sotana... Porén, para o mudo, non había pan consagrado! Ninguén da parroquia
entendía o motivo polo que o señor cura o deixaba a velas vir coa boca aberta,
coma un coitado paxariño, esperando a bicada que cada domingo repartía o crego
ós fregueses de San Martiño de Sacardebois. O pobre mudo non era coñecedor da
doutrina teolóxica que consideraba non ser merecedor de recibir a consagrada
forma por falta siso; así e todo, a Igrexa, que ampara ós máis débiles, seica
que lle tiña reservado un lugar no limbo dos xustos en liña co barqueiro
Caronte que o habería levar na súa barca á outra banda da lagoa Estixia, lonxe
das labaradas do inferno.
Sucedeu no monte, de
cando neno –en Bouzas, antano un terreo inculto poboado de mato– e disque o
neno non contaba máis dun aniño cando apareceu o lobo polo portelo dunha tapada
e, tras loitar a nai coa fera armada cun sacho de dous gaios, o canis
lupus houbo de contentarse cun año paticoxo que estaba acochado debaixo dun fento: nun tris habíase de perder na
espesura, silandeira, da fraga do Covelo. Hai quen di que o lobo aquela mala
tarde lle roubara a fala da xente, e mais o seu nome de pila: en adiante, sería
'o mudo de Bouzas'. A cousa foi mentres o neno estaba ó acubillo dun cesto
culeiro de carrexar as uvas, onde acudiu o lobo a meterlle medo, regañando os
dentes afiados, mentres babexaba cuspe polo cheiro a carne de cristián. Como
resultas desde feito matinado polo demo, dende entón o malpocado neno padeceu
de mutismo electivo, aínda que por veces ouveaba coma un lobo en vez de falar
coma todo fillo de veciño como é de seu; en troques, no seu canto, andaba na fraga un lobo misterioso polo lugar do alto do pereiro, preto da fonte
fría do regato de Maraván, que berraba coma un neno nos intervalos da noite
pecha nos que a curuxa calaba un anaco para escoitar o silencio noitébrego das
mestas carballeiras que hai por riba das viñas da ribeira do Sil.
As mulleres da
parroquia adoitaban estar a falaren no lavadoiro do asunto que lles viñera en
gana. O outro antonte, saíu na conversa o caso da Piedade: 'que si estaba
tola... mira que contestarlle ó cura dicíndolle a berros que cabía ben entre os
reclinatorios, que non estaba tan gordo, que si isto que si aquelo'... entón, a
seguir, preguntaban unhas as outras por que non aprendera a falar o seu irmán,
o mudo de Bouzas, chegando, como resultas tras dunha acalorada discusión
que era mudo porque nacera xordo: 'para falar, antes tes que escoitar, non é'?,
dicía a María do zapateiro; outras mulleres, pola contra, opinaban que non
deprendera a articular as palabras por una malformación conxénita: nacera coas
cordas vocais atadas nun nó, por dentro da gorxa, ou quizás polo 'síndrome da
lingua de becerro' que non podía domeala dentro da boca, con perdón, e mais
cousas así matinadas ó tolo e sen razón, dixomedíxomes de falar por falar,
palabras baleiras que as leva o vento por causa de non estaren avaliadas con
certeza por ningún doutor otorrinolaringólogo.
Escoita, de min a ti,
abofé que o mutismo do neno foiche por causa da ollada magnética dun lobo. O
mudo, cando era neno, perdera a fala de xente por causa dunha fobia que derivou
nun afogo cunha palabra de consonantes oclusivas: os ollos magnéticos do lobo
trabáronlle a fala nos primeiros anos da súa vida, deixándoo inhabilitado con
disfasia para dicir cousa algunha: a orixe do síndrome arraigou tralo encontro
co lobo, pois de cando en cando, daba berros como se fose tal. O mudo non
chegou a sumar máis de trinta anos. Un día antes do seu pasamento, tras acudir
a curuxa cantarlle o mal agoiro: 'busca pan, busca viño que mañá...' o irmán do Samuel perdeu o magnetismo trala ollada en fite do lobo, quedando liberado do meigallo, mais de pouco
lle serviu, pois isto foi o único que puido dicir antes de finar mirando o
crucifixo da alcoba: "Señor, non me regales panos, que xa non teño
mocos".
Disque que a súa irmá,
a Piedade, a cal, en troques, falaba polas orellas, vira saír polo fachinelo da
súa alcoba mortuoria unha pomba branca que axiña se perdera arroupada por un
nubeiro de algodón voando cara a ermida de Triguás, preto do ceo.
Nos poucos anos que
estivo connosco, o mudo de Bouzas viviu contento, a súa maneira, ó coidado do
seu irmán, Samuel, que mataba tres años á saída da misa colgados da caracocha
dun castiñeiro, baixando polo souto do campo da festa do señor Avelino, onde
acudían as mulleres da parroquia de Sacardebois a procura dun cacho de año para darse un aire, nun día
solto. Parada de Sil, terra enmeigada.
sábado, 8 de maio de 2010
A lenda do Pé do home
Contaba daquela don Constantino, o fidalgo da Casa Moreiras de Ferreira de Pantón á sazón alcalde da vila, que en tempos de antano querían erguer unha ponte no Canón do Sil, un pouco máis abaixo de Cerreda. Lenda que xurdiu de cando Almanzor perdera o seu tambor, axiña de rouba-las campás da Catedral de Santiago e disque unha puñada de mouros fuxidíos quedaran ciscados polas dúas bandas do río Sil renegando da súa fe, engaiolados polos aromas da augardente de herbas e do viño amantísimo con sabor a froita da soleada Amandi que lles facían perde-lo sentido, non desexando os sarracenos cortar máis cabezas de cristiáns coa cimitarra curva de media lúa, sabedores de que o paraíso real reinaba nestas terras sagradas de viñas, augas frescas, soutos e mosteiros; sen comparanza, nin mesmo, co ceo de media lúa ateigado de mozas virxes que Alá –máis enriba das nubes –prometía aos mártires da guerra santa. E di o fidalgo de Siós que colleran dous galos, un branco do poleiro dos freires do Mosteiro de Santa Cristina e outro negro dun mouro xigante que se quedara a vivir en terra cristiá nun lugar preto do cachón de Xabrega e non lonxe do regato Lamateiro, onde aínda se conserva a súa pegada remarcada nunha pena da que fala largo e cumprido o guía do catamarán, cando o barco turístico está asuca-lo río no medio do Canón do Sil.
Lugar moi propio para a ponte, pois no verán, din os máis vellos dos vellos do lugar, que se pasaba á outra banda, brincando sobre as pedras do leito do río. E a lenda di que botaron a sorte: se o primeiro en cantar na alborada de san Xoán era o galo branco, habíase de ergue-la ponte; mais se, pola contra, era o galo negro en da-lo primeiro quiquiriquí do amencer, o Destino, que estaba a xogar á ruleta cos quiquiriquís dos galos, daría a coñece-la súa decisión firme de non feri-la natureza onde, abofé, se estaba a manifestar máis fermosa.
E disque o galo negro foi máis madrugador e, por tanto, xa dende entón, as barcas de Paradela, de Meixide, da Barca de Baixo, de San Fiz e de Cerreda continuaron coa labor milenaria de intercambiar persoas, vacas, burros, pavías, uvas, centeo e mais outros froitos entre as terras ladeiras de Caldelas e maila marxe dereita, debuxada con liñas de pataos dende os romanos, que fora noutros tempos esvaecidos patrimonio foral do Conde de Lemos. (Para sabe-la orixe desta lenda, fai clic en a.rodicio).
O outro antonte, foi máis madrugador o galo negro –mas-cota para Iberdrola, bautizado como Estevo II– en canta-lo quiquiriquí de galán triunfador. O outro galo contrincante de plumas verdes e crista vermella, coroada de cores de arco da vella, aguantou loitando até quedar rouco tras cantar voces de alarma, pero o seu quiquiriquí ecolóxico foise apagando non chegando a ningures.
De xeito que, dende entón, o galán da hidroeléctrica anda facendo das súas, moi entretido fochicando nas orelas do Sil: unhas veces, escarva que te escarva cos seus esporóns de aceiro; outras, pica que pica no leito seco do río. Di a xente do lugar que che debe andar nesta primavera na procura de arranxa-lo niño onde pór outro ovo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







