
Isto non é un anuncio, perdoe vostede esta brincadeira.
Dende 1700, está a rezar con letras labradas no lintel dunha estancia: "Venta de panos, hoxe non se fía", pois os moradores actuais seguimos coa mesma: hoxe non se vende e mañá tampouco. O motivo son as pitas.
Nun pergamiño, atopado nunha arca de castiñeiro, onde se gardaba a roupa ou as castañas pilongas di: "no mil seiscentos e pico a Casa de Viana da parroquia de Sacardebois pagaba ó Mosteiro de Montederramo unha renda de catro galiñas, en concepto de aforo; obriga que se saldaba tódolos anos, por San Martiño, no Priorado de San Adrián".
Seguimos en débeda coas pitas, merecedoras da nosa gratitude, porque, co seu sacrificio, enchendo o bandullo dos freires, gañamos o noso lar.
Se lle gustou a casa, dígame cantas galiñas está disposto/a a por encima da mesa?
Eduardo Prieto Casares
Ningún comentario:
Publicar un comentario