sábado, 8 de maio de 2010

A lenda do Pé do home

Contaba daquela don Constantino, o fidalgo da Casa Moreiras de Ferreira de Pantón á sazón alcalde da vila, que en tempos de antano querían erguer unha ponte no Canón do Sil, un pouco máis abaixo de Cerreda. Lenda que xurdiu de cando Almanzor perdera o seu tambor, axiña de rouba-las campás da Catedral de Santiago e disque unha puñada de mouros fuxidíos quedaran ciscados polas dúas bandas do río Sil renegando da súa fe, engaiolados polos aromas da augardente de herbas e do viño amantísimo con sabor a froita da soleada Amandi que lles facían perde-lo sentido, non desexando os sarracenos cortar máis cabezas de cristiáns coa cimitarra curva de media lúa, sabedores de que o paraíso real reinaba nestas terras sagradas de viñas, augas frescas, soutos e mosteiros; sen comparanza, nin mesmo, co ceo de media lúa ateigado de mozas virxes que Alá –máis enriba das nubes –prometía aos mártires da guerra santa.

E di o fidalgo de Siós que colleran dous galos, un branco do poleiro dos freires do Mosteiro de Santa Cristina e outro negro dun mouro xigante que se quedara a vivir en terra cristiá nun lugar preto do cachón de Xabrega e non lonxe do regato Lamateiro, onde aínda se conserva a súa pegada remarcada nunha pena da que fala largo e cumprido o guía do catamarán, cando o barco turístico está asuca-lo río no medio do Canón do Sil.

Lugar moi propio para a ponte, pois no verán, din os máis vellos dos vellos do lugar, que se pasaba á outra banda, brincando sobre as pedras do leito do río. E a lenda di que botaron a sorte: se o primeiro en cantar na alborada de san Xoán era o galo branco, habíase de ergue-la ponte; mais se, pola contra, era o galo negro en da-lo primeiro quiquiriquí do amencer, o Destino, que estaba a xogar á ruleta cos quiquiriquís dos galos, daría a coñece-la súa decisión firme de non feri-la natureza onde, abofé, se estaba a manifestar máis fermosa.

E disque o galo negro foi máis madrugador e, por tanto, xa dende entón, as barcas de Paradela, de Meixide, da Barca de Baixo, de San Fiz e de Cerreda continuaron coa labor milenaria de intercambiar persoas, vacas, burros, pavías, uvas, centeo e mais outros froitos entre as terras ladeiras de Caldelas e maila marxe dereita, debuxada con liñas de pataos dende os romanos, que fora noutros tempos esvaecidos patrimonio foral do Conde de Lemos. (Para sabe-la orixe desta lenda, fai clic en a.rodicio).

O outro antonte, foi máis madrugador o galo negro –mas-cota para Iberdrola, bautizado como Estevo II– en canta-lo quiquiriquí de galán triunfador. O outro galo contrincante de plumas verdes e crista vermella, coroada de cores de arco da vella, aguantou loitando até quedar rouco tras cantar voces de alarma, pero o seu quiquiriquí ecolóxico foise apagando non chegando a ningures.

De xeito que, dende entón, o galán da hidroeléctrica anda facendo das súas, moi entretido fochicando nas orelas do Sil: unhas veces, escarva que te escarva cos seus esporóns de aceiro; outras, pica que pica no leito seco do río. Di a xente do lugar que che debe andar nesta primavera na procura de arranxa-lo niño onde pór outro ovo.

2 comentarios:

Antón Rodicio dixo...

Espero no equivocarme si digo que lo que aquí se llama "A lenda de Pé do home" (o más bien, los datos sobre los que esta "lenda" está construida), están tomados de mi artículo "Vía romana de Astorga a Orense por el castro Litoria", publicado en el tomo XXV del "Boletín Auriense", año 1995, y un fragmento del cual aparece (señalando debidamente quien es su autor y el lugar en donde está publicado) en http://www.concellodesober.com/martino.asp

Si esto que digo es cierto, considero que al tomar esos datos para construir la presente "lenda", debiera indicarse su procedencia. ¿Por qué? Entre otras cosas, porque de ese modo estaremos diferenciando lo que es científico y puede ser usado como tal, de lo que es simplemente literario (y este "simplemente" no conlleva ninguna devaluación) y no se puede, por tanto, extraer de ello nada útil desde el punto de vista etnográfico o histórico.

La leyenda de Pedome que yo cuento en mi artículo, procede directamente del acervo popular: se la oí contar en mi infancia a un señor de Santiago de Cerreda (Ayuntamiento de Nogueira de Ramuín) llamado Avelino Álvarez, nacido en 1883, y estoy completamente seguro que él no añadió nada conscientemente de su propia cosecha a la leyenda, sino que la transmitió tal y como se la habían transmitido a él las generaciones anteriores (y así la transmito yo también).

Esta leyenda y algunas otras sobre Pedome aparecerán en una próxima entrada de mi blog http://riberasagrada.blogspot.com
en la que se revisará y completará el contenido de otro artículo mío: "El porto Senabreca y la posible vía romana Chaves-Monforte", del cual aparece también un fragmento en http://www.concellodesober.com/martino.asp

Finalmente, quiero hacer notar que en la "lenda" aquí construida, el puente se hará si canta el gallo negro, mientras que en la original (en la que yo cuento), el gallo que tiene que cantar para que se haga el puente, es el blanco.

Un saludo.

Antonio G. Rodicio

Eduardo PRIETO CASARES dixo...

Estimado Antonio, agradezco tu comentario. Es verdad que la primera vez que leí “A lenda do Pé do home” fue en la página “do Concello de Sober”, hace ya algunos años. Guardé un resumen en un fichero de mi ordenador, sin preocuparme de su origen: pensaba que era una leyenda popular de la tierra de Lemos. Creo que con los datos aportados en tu comentario, “A lenda do Pé do home” ha cobrado mayor interés. Soy un fiel seguidor de tu blog: estaré pendiente de la publicación de tu artículo. Saludos, Eduardo Prieto.