escrito por Eduardo Prieto Casares miércoles, 03 de febrero de 2010
Quizais antano un pendello ou un sequeiro de castañas, onde acostumaban serra-las trabes de castiñeiro os serranchíns ambulantes ó acubillo das augas, xente nómade orixinaria do norte de Portugal. Normalmente viñan dous homes e mais un rapaz. Traballaban duro, a mantido.
Escascaban o tronco coas machadas e logo dábanlle forma de prisma de catro caras para corta-las táboas que marcaban cunha corda de lá mollada en auga con pos de tinta.Una vez que montaban o ‘burro’ para subi-la trabe, un dos homes empoleirábase por riba e outro por baixo para tirar dos mangos do tronzador. Era eu un miúdo, cando viñeron os últimos serranchín a miña casa. (Se queres saber máis, consulta o libro “Os oficios” de Xaquín Lorenzo).
Tamén poida ser, é máis verosímil, que neste lugar de Serradores asentou por primeira vez unha familia con fillos mozos, quizais portugueses, que gañaban o pan saíndo pola bisbarra a serra-la madeira nas casas con haberes.
A figura retórica consiste no cambio semántico do nome do lugar polo nome da profesión dos seus habitantes. A idea de ‘o lugar onde se asentaron os serranchíns’ –coincide coa palabra do portugués –quedou reducida no falar diario a ‘Serradores’, palabra máis próxima ó castelán.(Serradores, parroquia de Sacardebois, Parada de Sil, Ourense).
Ningún comentario:
Publicar un comentario