Xornal de Galicia | Lunes, 26 Abril, 2010 - 09:40 A néboa vai subindo do río, gañando rango patao a patao cara á montaña. A través dos cristais embazados da galería da Casa de Viana, a ladeira de Caldelas aparece gris; o ciprés de Calvos amosa coma un morto espantallo; as casas, pechas; os camiños, silandeiros. Abofé que a vida está comida do demo nestas horas temperás nas que non roxe ninguén. luns, 26 de abril de 2010
Pena do lobo
Xornal de Galicia | Lunes, 26 Abril, 2010 - 09:40 A néboa vai subindo do río, gañando rango patao a patao cara á montaña. A través dos cristais embazados da galería da Casa de Viana, a ladeira de Caldelas aparece gris; o ciprés de Calvos amosa coma un morto espantallo; as casas, pechas; os camiños, silandeiros. Abofé que a vida está comida do demo nestas horas temperás nas que non roxe ninguén. sábado, 10 de abril de 2010
Hospiciano, o último maquis de Caldelas
![]() |
| Cova do Mario, turismo Ribeirasacra.org. |
Xornal de Galicia | Sábado, 10 Abril, 2010
- 09:44 Memoria histórica dun neno labrego... naquela ían indo tempos
tristeiros de centeo, de represión e de morte... dende entón xa medraron os
carballos, claro; o percorrer dos anos van fixando os acontecementos da
guerra civil nos libros da historia, mais é na intrahistoria de Caldelas,
de cando neno, onde aparece a figura do maquis Hospiciano. Coido que se
chamaría así, pero ninguén lle puña cara. Din que viña voando coma un merlo
dunha aldea á outra, ulindo a estela do fume das chemineas; onde cheiraba caldo
de grelos ou de nabizas no trespés da lareira, alí aparecía. Mellor dito
aparecer non aparecía, pero entrar, entraba por unha ventá ou por un fachinelo
calquera: comía o caldo e nun amén volvíase fume polo tellado da cociña pobre,
sen faiar: "Hospiciano papou o caldo e axiña se esfumou coma quen di sen
deixar rastro nin sombra", dicía a señora María do Val; certo, ás veces o
testo tintinaba, dando brincos; outras veces, o testo do pote aparecía deitado
no chan: era o Hospiciano roubando o caldo deica deixar o pote adoecido coa
fame dos moradores.
Tamén dicían os vellos ao carón da lareira que despois de encher o bandullo tragando o caldo ás présas, entraba na corte a mamar nos tetos da vaca con cría. De xeito que, cando a muller da casa acudía a muxir a ''Rubia" o día seguinte pola mañá cedo, as ubres da vaca aparecían tristes, engurradas e secas: "Foi Hospiciano, vampiro malandrín, que de noite entra polo fachinelo da corte para pegar nos tetos da Rubia" -choraba bágoas polos ollos a coitada muller, ollando o cu da leiteira baleira dunha miguiña de leite.
Hospiciano tamén matinou botarse ó monte, socializando o caldo e mais o leite onde houber, polo que a garda civil de Castro Caldelas andaba con ganas de botarlle o guante. Para os maquis era a cadea, ou mesmo o paredón... mais os que sairon voando coma merlos, fuxidíos no monte, continuaron fieis ás ideas que non son patrimonio de ninguén: as ideas sobreviven ós mártires que deron a vida por defendelas.
(Maquis: Organización
de resistencia formada por guerrilleiros que combatían o réxime franquista tras
a guerra civil española).
luns, 22 de marzo de 2010
Enlace>inesvigo "Lembranzas". Estampas de lonxe e de cerca.
Enlace> "Sabhti".
sábado, 20 de marzo de 2010
Anxo, o cacharreiro de Gundivós
domingo, 14 de marzo de 2010
Don Froilán, un porco de pé
sábado, 13 de marzo de 2010
xoves, 11 de marzo de 2010
mércores, 10 de marzo de 2010
sábado, 6 de marzo de 2010
Aldeas de Caldelas.
venres, 26 de febreiro de 2010
Galego, no mellor sentido

venres, 19 de febreiro de 2010
A Ribeira Sacra, antano terra de centeo

mércores, 17 de febreiro de 2010
domingo, 14 de febreiro de 2010
O Moucho de Aguil, de sereno en Madrid
“Yaaa…vaaa..! tanto berrar, sempre con présas, ya voy, okay, señor..! carallo que te pariu, que teño toda a noite por diante, no se desespere, the time viene del cielo, vite! vite! non has de ter esas présas en sacar os cartiños do teu peto; el tiempo, lo único gratis que tenemos los pobres, money! money! non, iso non, que che han de picar as maos..., yaaa…vaaa…! cando agarres un peso, coido que aínda lle has de botar un responso de defuntos, a que che doe soltar un peso? dóeche coma se che houbesen de cortar un ril..., mañana vendrá otro día y pasado, otro…mal demo te parta, a estas horas…, yaaa…vaaa..! one bedroom, okay, cinco pesos…a que viñeches a Madrid, de putas? ah, non, se é o Modesto de Miranda, outro barquilleiro de Parada do Sil, outro ribeirao, na diáspora…”
sábado, 13 de febreiro de 2010
sábado, 6 de febreiro de 2010
Bigotes con Xofre, Faro de Vigo
Bigotes con XofreVacas de cores, La Región



