Os últimos avós da ribeira do Sil, relato13
____________________________________________
13
13
Faragullas de ourego
“Ourego. Herba olorosa perenne da familia das labiadas (Origanum virens), de flores brancas ou rosadas en espiga, moi usada como condimento. A zorza dos chourizos pode levar ourego”.
Os últimos avós da ribeira do Sil
Casa de Viana, 15
de xullo 2009. Por fin, chagamos á casa dos avós. De seguro que escoitaron o runrún do coche e xa estarán agardándonos
no patio coas follas do portalón abertas de par en par. Primeiro,
rodeamos a Tatá coas mans para comela a bicos. Logo, deixámonos caer no colo do
avó.
Desta última xeración, poucos vellos quedan xa nos concellos da ribeira do Sil, e da xente nova non falemos, que non se dá por estas terras dende hai anos: en Caldelas, case que non roxe ninguén polos rueiros, só se escoita o lene sentir da natureza.
Desta última xeración, poucos vellos quedan xa nos concellos da ribeira do Sil, e da xente nova non falemos, que non se dá por estas terras dende hai anos: en Caldelas, case que non roxe ninguén polos rueiros, só se escoita o lene sentir da natureza.
–Ola, avó! Como vai a cousa?
–Eh! ímola andando, que non é pouco.
–Que medradas están as
nenas, mira que botaron corpo! que lindas, as pobriñas!
–Vén, Claudia, vén onda min.
–Anda,
Marta, anda e dáme unha aperta desas tan grandes.
–E ti, Alejandra, con ese sorriso
debuxado de anxo…
–Deixa
que vos axude, que viredes cansas. Subide, non vos paredes: tirade cara á
galería, que temos que falar.
–Avó,
quero montar no burro.
–Está
na corte, triscando unha gavela de toxos; mañá ímolo sacar de paseo polo camiño
vello: xa veredes, xa!
–Díxome
un paxariño que as notas de xuño son guapas como unha estampa da virxe
Inmaculada, non hai borranchos que as afee; sei que o piano soa tan virtuoso, acariciado
por tan delicados dedos, como se o tocase o mesmo Mozart de rapaciño.
–Ide, ide co gato!, mais andádevos
con tento non vos vaia rabuñar –díxonos Bru,
o noso avó de Sacardebois, na galería da casa que se mira no espello do Sil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario