mércores, 18 de novembro de 2015

A caída do piñeiro de Viana (hemeroteca de “La Región”)


Unha tarde de xuño, mentres repousaba o peso dos anos na randeeira da galería, que mira ao canón do Sil, o meu maxín pegou nas follas do calendario: de cotío, a ceacú espertando á memoria das primeiras andainas. Antes do solpor, acompañei ás netas a brincaren no souto da adega: un cadro impresionista de flores olorosas da candea, de cálido amarelo, adornaban e perfumaban o resío da casa. Ao pé da antiga adega, de cando neno,  presumía a familia dun piñeiro singular: certo, non era un pinus pinea calquera. Un recorte de “La Región” rememora a caída desta árbore senlleira  (o concello de Parada de Sil declarou ao castiñeiro de Entrambosríos digno deste honor, pois como di o outro, “cando espertaron os dinosauros...” xa estaba plantado no lugar).  Porén, as raparigas non paraban e menos aínda escoitando as trécolas do piñeiro, así que armadas de estalotes pegaron a correr unhas tralas outras, que tres eran tres: Deixa que xa...!, berreilles, tirando dos pes ao redor dos arellos dos vellos castiñeiros, emulando a Tom Hanks running in Forrest  Gump, mais ós poucos, parvo de min, as nenas desapareceron: haberá que procuralas nas caracochas, me dixen, tomando un respiro.

La Región. “Sacardebois (Parada de Sil). Un pino de 36 metros de alto y 40.000 kilos de peso, derribado por el viento en Sacardebois. Fue plantado en el año 1500 por el fundador de la Casa de Viana. El día 15 de los corrientes y sobre las nueve de la mañana, el fuerte viento huracanado reinante dejó sentir sus efectos devastadores también en esta provincia. En el pueblo de Sacardebois (Parada del Sil) y concretamente en el sitio o lugar conocido por Casa de Viana, propiedad de don Isidro Prieto, arraigaba un ejemplar de pino sin duda alguna, el primero de Galicia o tal vez de la Península que fue arrancado de cuajo a consecuencia de un vendaval. El hoyo originado de resultas del desguace de las raíces ofrece un destierro sobre el que  podría edificarse una gran casa...

            Entretidas coas monecas, aproveitei para remexer nos atados do aparador do salón. Deseguida acudín á carón delas cun álbum vello de fotos e mais o recorte de “La Región”. Estas fotos son do piñeiro aínda de pé, plantado polo 1700 e pico: a enorme copa, que coroaba un toro de máis de 30 m, conservaba o viño fresco nas calores do verao. A caída do piñeiro aconteceu no ano 1958, o 15 de decembro, ás nove da mañá. Aquela noite, os refachos do vento estiveron a petar, dálle que dálle, nas portas e xanelas. Conseguida a atención das nenas, continuei co conto do piñeiro: fóra, no souto, o vento asubiaba no cu da noite, renxían as gallas e ruxía o furacán, que esgallaba as trabes vellas e retorcía os castiñeiros novos. Gotas gordas de mal agoiro petaban, pingando cada vez máis insistentes, clok..., clok...!, no teito da alcoba do criado. O Petís, polo si ou polo non, deu un brinco no xergón de follas de millo: calzou os calcetíns zurcidos, as chancas, o pantalón de pana e, mentres abotoaba a chambra foi baixando os chanzos da escaleira para acomerar o gando: apandando cun feixe de herba pola aira, un furibundo refacho envurullouno co feixe, papándoo o vento: sentado no feixe, medio pampo, escoitou un estrondo fortísimo, reg... reeeg... plasf!, foiche unha cousa así, contaba o gañán, dispensando. Este furacán desatado arrincou de raigaña o memorable piñeiro: catro castiñeiros, demoucados; trabes grosas, como a cintura dun home, rachadas; paredes de perpiaño, esborralladas. De alí a pouco, o Tifón concedeu a tregua das nove horas ao reloxo de péndulo do salón. Ai, miña nai querida! Virxe do Carme, caeu o pino!, berraba a miña mai desolada nas portas do patio. Logo, cunha mágoa que lle comía a alma, entrou no seu cuarto, entornou a porta e coas pernas dobradas e os xeonllos apoiados no reclinatorio, pechou os ollos mirando calada para os seus adentros.

“El gigantesco pino presenta las siguientes dimensiones: altura de 36 metros; circunferencia del tronco, 7 metros; y extensión de la copa 150 metros. Su peso aproximado, según personas prácticas en maderas, es de unas 40 toneladas (cuarenta mil kilos). Todos estos datos son dignos de mayor crédito. Nos fueron facilitados por el propietario del árbol, persona de gran ponderación y solvencia, quien afirma que éste fue traído de Portugal y plantado en el año 1500 por un fraile, don Diego de Páramo, fundador de dicha Casa de Viana en Sacardebois de la que es descendiente don Isidro Prieto. Es innumerable el número de personas que a diario desfilan por dicho lugar con el fin de admirar tan soberbio pino, al que dio muerte un terrible viento huracanado después de, aproximadamente, cuatrocientos cincuenta años de existencia. Hace años, diversos empresarios del sector de la madera, entre otros, varios de Pontevedra, Madrid, Valencia y Bilbao, se entrevistaron con el señor Prieto de Viana con la intención de comprárselo, a lo que se opuso de manera categórica por la sencilla razón de que tan extraordinario árbol estaba vinculado al nacimiento y fundación de su casa solariega. Hoy, por obra destructiva del viento, habrá de ser vendido a quien tenga la fortuna de llegar a una inteligencia con su  propietario (C.P.).

            Os serranchíns houberon de arranxaren un tronzador especial de máis de 2 ms para ser turrado por dous homes en cada banda. “Aí vai o piñeiro de Viana, serrado en toradas”, comentaba Antonio de Purdeus, ollando en fite o camión madeireiro serpeando polas curvas da petada do Roxedoiro: disque catro homes ‘leitós’ da montaña cumprían para abarcar o seu toro; que serían cinco, coido eu, ‘calcaterras’ ou ‘milhomes’ campaneiros da ribeira, disculpando, aínda que como ben dicía o señor Andrés, o zapateiro: "Boi pequeno, corna grande".
    
            Comentaba don Celedonio Prieto, Secretario da Audiencia de Ourense, autor do artigo de “La Región”, ao fotografo da reportaxe ao pé do piñeiro derrubado: “Esta árbore, sobranceira, foi o estandarte da Ribeira Sacra durante séculos: nos ritos dos druídas, as árbores eran o nexo da terra co ceo ”.

Ningún comentario: